O Amenal, Castrofeito, O Pino
O Amenal é un lugar da parroquia de Castrofeito, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. A súa poboación está incluída dentro do número que o IGE lle asigna á parte deste lugar que se atopa dentro da parroquia de Pereira[1].
O Amenal | |
---|---|
Casa con hórreo ao carón do Camiño Francés | |
Parroquia | Castrofeito |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°54′21″N 8°23′38″O / 42.905942, -8.393812 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Camiño Francés a Santiago pasa por esta pequena poboación xusto antes de encarar a suba cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. Quizais por esta razón, tense desenvolvido unha pequena infraestrutura hostaleira neste lugar. O trazado do Camiño atravesa a N-547 neste punto a través dun paso subterráneo que se encontra na parte de Castrofeito. A capital municipal, O Pedrouzo, atópase a 2.400 metros de distancia.
Galería de imaxes
editar-
A N-547 ao seu paso polo Amenal
-
Casa con hórreo
-
Casa e sinal de Stop
Lugares e parroquias
editarLugares de Castrofeito
editarLugares da parroquia de Castrofeito no concello do Pino (A Coruña) | |
---|---|
O Amenal | A Baixa | Cimadevila | Figueiroa | A Igrexa | O Pazo | O Pousadoiro | Rial | O Río Pequeno | Samil | Santiso | O Souto | O Tixoliño | Vilabuíl | Vilarrel |
Parroquias do Pino
editarNotas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021.