OU-122
A OU-122 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Discorre integramente polo concello de Carballeda de Valdeorras, e conecta Sobradelo co porto de Fonte da Cova, límite administrativo oriental de Galicia coa provincia de León. Ten unha distancia de 26,260 km.
OU-122 | |
---|---|
Fito quilométrico ao seu paso por Casaio | |
Tipoloxía | estrada convencional C-80 |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 26,260 km |
Localización | |
Inicio | Sobradelo N-536 |
Fin | Porto de Fonte da Cova (Casaio) LE-126 |
PercorridoEditar
Nace a uns 385 m de altitude, a carón da desembocadura do río Casaio no río Sil, e ascende até os 1765 m de altitude. Ao pouco de comezar hai un desvío á dereita cara a Robledo pola estrada OU-0802. Logo de pasar a carón do encoro de Casoio comeza a ascender. No km 5 atravesa Viladequinta, no km 8 atravesa o lugar do Trigal e pouco despois hai un desvío á esquerda cara á Portela. No km 11 hai un desvío á esquerda cara a Lardeira, e no km 16 hai un desvío á dereita cara a Casaio pola estrada OU-123. Ao chegar á Fonte da Cova continúa como estrada LE-126.
HistoriaEditar
A construción da estrada foi iniciada en 1938, cando un consorcio hispano-alemán comezou a explotar as minas de Valborraz, en Casaio. Por Sobradelo pasaba a estrada entre Ourense e Ponferrada (despois nomeada N-120, actual N-536), pola que se levaba o mineral extraído na mina até o porto de Vigo, onde embarcaba cara a Alemaña[1].
A estrada está en boas condicións para a circulación, porque é utilizada decote por camións debido ás numerosas minas de lousa que hai na zona. No seu percorrido conserva dous fitos quilométricos.
NotasEditar
- ↑ García Tato, I. (2016): El Destacamento Penal de las minas de wolfram de Valborrás de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Santiago de Compostela: Consello Superior de Investigacións Científicas-Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.