Operación Triunfo 2018

tempada dun concurso de televisión
(Redirección desde «OT 2018»)

Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.

Desenvolvemento editar

O 7 de febreiro de 2018, anunciouse que RTVE renovaría Operación Triunfo no seu Consello de Administración de marzo para unha nova edición en outono.[1] Finalmente, foi o 28 de febreiro cando o Consello de Administración de RTVE aprobaba por unanimidade a renovación do programa de Gestmusic por unha décima edición, que chegaría en setembro do mesmo ano.[2] A décima edición do programa conta cun total de 14 galas, que no seu conxunto supoñen un custo de 11 millóns de euros, nos que van incluídos os custos da canle 24 horas e os resumos diarios, entre outros gastos alleos ás galas en directo.[3] Así mesmo, o concurso volve servir como preselección de España para o Festival de Eurovisión 2019, feito que se confirmou o 14 de setembro, durante a rolda de prensa na que se presentou a edición, e que, ademais, contemplaban as bases do concurso.[4]

Instalacións editar

Un ano máis, os estudos do Parc Audiovisual de Catalunya, situados en Terrassa, acollen tanto o estudo como a academia. As instalacións, que ocupan 2.200 metros cadrados, contan cun edificio de tres plantas, utilizado como academia e un renovado estudo de grandes dimensións e de alta tecnoloxía que dobra tanto o tamaño como a capacidade do seu antecesor en 2017, contando con case 1.000 espectadores de público.[5]

Seleccións editar

O 14 de maio anunciáronse as cidades que acolleron as seleccións.[6] A novidade das seleccións desta edición foron os #OTCover, que consistiu en que as mellores actuacións subidas ás redes sociais baixo ese mesmo hashtag gañaron un pase directo para evitar as colas de espera.[7] En total, 16 769 persoas presentáronse ás probas de selección.[8]

Data Lugar Asistentes Pases á
segunda fase
30 de maio de 2018 Explanada olímpica do Palau Sant Jordi (Barcelona) 2 504 persoas 107
4 de xuño de 2018 Porto de Alacant (Alacant) 1 200 persoas 42
7 de xuño de 2018 Porto de Valencia (Valencia) 2 075 persoas 65
12 de xuño de 2018 Palau de Congressos do Poble Espanyol (Palma) 525 persoas 18
18 de xuño de 2018 Palacio de Congresos e Auditorio Kursaal (Donostia) 950 persoas 27
21 de xuño de 2018 Museo do Mar de Galicia (Vigo) 890 persoas 31
26 de xuño de 2018 Auditorio de Tenerife (Tenerife) 600 persoas 34
2 de xullo de 2018 Palacio de Ferias y Congresos de Málaga (Málaga) 1 850 persoas 72
5 de xullo de 2018 Fibes (Sevilla) 2 145 persoas 61
10 de xullo de 2018 Universidade Politécnica de Madrid (Madrid) 3 460 persoas 107

A fase final do casting deu comezo o 28 de agosto no Parc Audiovisual de Catalunya, en Terrassa, e prolongouse durante tres días.[9]

Equipo editar

Presentadores editar

Igual que na edición anterior, Roberto Leal é o encargado de presentar as galas. Ademais, Noemí Galera e Ricky Merino ocúpanse de presentar "El chat".

Profesores editar

O claustro da academia está formado por:[10]

  • Noemí Galera, directora da academia, presentadora de "El chat".
  • Manu Guix, director musical.
  • Vicky Gómez, coreógrafa.
  • Mamen Márquez, directora vocal e profesora de Técnica vocal.
  • Joan Carles Capdevila, coach vocal.
  • Laura Andrés, coach vocal.
  • Javier Calvo e Javier Ambrossi, profesores de interpretación (día 43 a 91).
  • Itziar Castro, profesora de interpretación (día 1 a 42).
  • Miqui Puig, profesor de Cultura musical.
  • Andrea Vilallonga, profesora de Imaxe e protocolo.
  • Xuan Lan, profesora de ioga.
  • Magali Dalix e Gotzon Mantuliz, profesores de Forma física e vida sa.
  • Rubén Salvador, profesor de Bailes de salón.
  • Cristina Burgos, profesora de Hip/Hop.
  • Sheila Ortega, profesora de Danzas urbanas.
  • Chris Nash, profesor de Inglés.
  • Ana Amengual, profesora de Dietética.

Profesores anteriores editar

O 31 de outubro de 2018, por primeira vez na historia do programa, Gestmusic, en consenso co equipo encargado de RTVE, tomou a decisión unilateral de prescindir de Itziar Castro como profesora de interpretación, por "non conseguir os obxectivos esperados na súa área, onde o traballo cos concursantes non deu o resultado esperado nas Galas". Así pois, a participación de Castro na academia finalizou durante a sexta semana de concurso, abandonando o seu posto tras a gala do mércores.[11]

Xurado editar

Ao mesmo tempo, en cada gala cóntase cun cuarto xurado invitado:

Emisión editar

Concursantes editar

N.º Concursante Idade Residente en
01 Famous Oberogo 19 anos   Bormujos
02 Alba Reche 20 anos   Elx
03 Natalia Lacunza 19 anos   Pamplona
04 Sabela Ramil 25 anos   As Pontes
05 Julia Medina 23 anos   San Fernando
06 Miki Núñez 22 anos   Terrassa
07 Marta Sango 18 anos   Torre del Mar
08 María Villar 27 anos   Madrid
09 Marilia Monzón 18 anos   Gáldar
10 Carlos Right 25 anos   Esplugues de Llobregat
11 Noelia Franco 22 anos   Málaga
12 Damion Frost 21 anos   Adeje
13 Dave Zulueta 20 anos   Sanlúcar de Barrameda
14 Joan Garrido 22 anos   Bunyola
15 África Adalia 22 anos   Madrid
16 Alfonso Lacruz 22 anos   Madrid
Aspirantes eliminados na Gala 0
17 Rodrigo Blanco 25 anos   San Juan del Puerto
18 Luis Mas 19 anos   El Masnou

Estatísticas semanais editar

Votacións dos concursantes editar

Após o xuízo do xurado, os concursantes decidían, a través dunha votación, que compañeiro/a desexaban salvar do nomeamento.

Gala 1 Gala 2 Gala 3 Gala 4 Gala 5 Gala 6 Gala 7 Gala 8 Gala 9 Gala 10 Votos
totais
recibidos
Famous Joan G. Dave Damion Dave Marta Noelia Miki Marta Marta Marta -
Alba Reche Joan G. Joan G. Joan G. Dave Carlos R. María Carlos R. María María Miki -
Natalia Joan G. Joan G. Damion Sabela Carlos R. María Miki María Julia Miki -
Sabela Nomeada Joan G. Joan G. Nomeada Damion Marilia Miki María Julia Nomeada 9
Julia Joan G. Dave Dave Dave Carlos R. Noelia Marilia Marilia Nomeada Sabela 3
Miki Joan G. Joan G. Joan G. Dave Carlos R. María Nomeado María Julia Nomeado 5
Marta Alfonso Dave Dave Sabela Nomeada Noelia Marilia Nomeada Nomeada Nomeada 6
María Sabela África Dave Sabela Carlos R. Nomeada Marilia Nomeada Nomeada Expulsada 8
Marilia Sabela Joan G. Joan G. Sabela Marta Nomeada Nomeada Nomeada Expulsada 6
Carlos Right Sabela Dave Dave Nomeado Nomeado Marilia Nomeado Expulsado 7
Noelia Alfonso Dave Dave Carlos R. Marta Nomeada Expulsada 3
Damion Alfonso África Nomeado Sabela Nomeado Expulsado 3
Dave Joan G. Nomeado Nomeado Nomeado Expulsado 14
Joan Garrido Nomeado Nomeado Nomeado Expulsado 15
África Alfonso Nomeada Expulsada 3
Alfonso Nomeado Expulsado 2
  •      Concursante nomeado/a, salvado/a polo voto dos seus compañeiros.
  •      Concursante nomeado/a, falto/a do voto de salvamento dos seus profesores e compañeiros.
  •      Concursante expulsado/a.

Expulsións editar

O público votaba para salvar ao seu concursante favorito, polo tanto, o/a expulsado/a é o/a concursante coa porcentaxe de votos máis baixa.

  • Gala 0: Carlos Right (42%) / Rodrigo (37%) / Luis (21%).
  • Gala 2: Sabela (78,8) / Alfonso (21,2%).
  • Gala 3: Dave (80%) / África (20%).
  • Gala 4: Damion (65%) / Joan Garrido (35%).
  • Gala 5: Carlos Right (62%) / Dave (38%).
  • Gala 6: Marta (59%) / Damion (41%).
  • Gala 7: Marilia (50,2%) / Noelia (49,8%).
  • Gala 8: Marilia (57%) / Carlos Right (43%).
  • Gala 9: Marta (53%) / Marilia (47%).
  • Gala 10: Marta (57%) / María (43%).
  • Gala 11: Sabela (64%) / Marta (36%).
  • Gala 12: Sabela (43%) / Julia (37%) / Miki (20%).

Audiencias editar

Estas son as audiencias que obtivo o programa Operación Triunfo 2018.

Galas editar

Data Día Programa Estrutura do programa Espectadores Share
19 de setembro de 2018 Mércores Gala 0 Presentación / Entrada dos 16 concursantes / Eliminación de Luis e Rodrigo 2 321 000 20,5%[12]
26 de setembro de 2018 Mércores Gala 1 Nomeamento de Alfonso e Sabela 2 102 000 16,6%[13]
3 de outubro de 2018 Mércores Gala 2 Expulsión de Alfonso / Nomeamento de África e Dave 1 875 000 15,8%[14]
10 de outubro de 2018 Mércores Gala 3 Expulsión de África / Nomeamento de Damion e Joan 2 028 000 17,0%[15]
17 de outubro de 2018 Mércores Gala 4 Expulsión de Joan Garrido / Nomeamento de Carlos e Dave 1 963 000 16,9%[16]
24 de outubro de 2018 Mércores Gala 5 Expulsión de Dave / Nomeamento de Damion e Marta 1 902 000 15,9%[17]
31 de outubro de 2018 Mércores Gala 6 Expulsión de Damion / Nomeamento de Noelia e Marilia 1 742 000 14,1%[18]
7 de novembro de 2018 Mércores Gala 7 Expulsión de Noelia / Nomeamento de Carlos e Marilia 1 841 000 15,3%[19]
14 de novembro de 2018 Mércores Gala 8 Expulsión de Carlos Right / Nomeamento de Marilia e Marta 1 886 000 15,3%[20]
21 de novembro de 2018 Mércores Gala 9 Expulsión de Marilia / Nomeamento de María e Marta 1 930 000 16,2%[21]
28 de novembro de 2018 Mércores Gala 10 Expulsión de María / Nomeamento de Marta e Sabela 1 906 000 16,0%[22]
5 de decembro de 2018 Mércores Gala 11 Expulsión de Marta / Elección de Natalia e Famous como finalistas 1 888 000 15,3%[23]
12 de decembro de 2018 Mércores Gala 12 Expulsión de Miki / Elección de Alba, Sabela e Julia como finalistas 1 778 000 15,4%[24]
19 de decembro de 2018 Mércores Gala Final Vitoria de Famous / 2ª Alba Reche / 3ª Natalia / 4ª Sabela / 5ª Julia 2 231 000 19,4%[25]

Programas especiais editar

Data Día Programa Estrutura do programa Espectadores Share
26 de decembro de 2018 Mércores Gala Nadal Encontro con finalistas de Operación Triunfo 2017 1 793 000 12,7%[26]
20 de xaneiro de 2019 Domingo Gala Eurovisión Elección do representante de España no Festival de Eurovisión 2019 1 892 000 11,6%[27]
     Líder da noite.
     Récord de audiencia.

Notas editar

  1. Daniel Jabonero (28 de febreiro de 2018). "TVE renovará en marzo 'Operación Triunfo' para unha nova edición en outono". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  2. PRENSA RTVE (28 de febreiro de 2018). "Reunión do Consello de Administración de RTVE de 28 de febreiro de 2018". Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  3. http://vertele.eldiario.es (28 de febreiro de 2018). "O que pagará TVE por Operación Triunfo 2018 e o novo Bailando con las estrellas". Consultado o 14 de maio de 2018. 
  4. "O representante de España en Eurovisión 2019 sairá de OT". 14 de setembro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  5. Héctor Alabadí (24 de maio de 2017). "'OT 2017': A Academia e o plató estarán ubicados no Parc Audiovisual de Catalunya en Terrassa (Barcelona)". Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  6. formulatv.com (14 de maio de 2018). "'OT 2018': TVE anuncia las fechas y ciudades en las que tendrán lugar los castings de la nueva edición". Consultado o 14 de maio de 2018. 
  7. RTVE.es (23 de maio de 2018). "Las #OTCover, fenómeno en redes sociales con más de 10.000 grabaciones". Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  8. gestmusic.es (11 de xullo de 2018). "‘OT 2018’ finaliza su casting con más de 16.000 aspirantes". Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  9. David Carro (1 de agosto de 2018). "'OT 2018' inicia o seu casting final o martes 28 de agosto cun misterioso anuncio". Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  10. RTVE.es (14 de setembro de 2018). "Coñece o renovado claustro de profesores con Itziar Castro e Miqui Puig". Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  11. FórmulaTV (31 de outubro de 2018). "Itziar Castro deixa de ser profesora de 'OT 2018'". 
  12. "'OT 2018' debuta cun fantástico 20,5% e convértese no más visto do día". FormulaTV. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  13. "'OT 2018' marca un estupendo 16,6% fronte a 'The Good Doctor' que lidera cun gran 16,9%". FormulaTV. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  14. "'The Good Doctor', o máis visto do día (16,3% e 21,3%) fronte a 'OT 2018' que logra un 15,8%". FormulaTV. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  15. "'OT 2018' sobe a un fantástico 17,0% nun axustado duelo frente a 'The Good Doctor' (17,1%)". FormulaTV. Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  16. "'OT 2018' marca un 16,9% e 'El hormiguero' anota un 16% con Eva González, nova presentadora de 'La voz'". FormulaTV. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  17. "'OT 2018' firma un gran 15,9% e 'The Good Doctor' estrea a súa segunda tempada anotando un fantástico 20,8%". FormulaTV. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  18. "'OT 2018' baixa pero anota un gran 14,1% na súa Gala 6 coa expulsión de Damion". FormulaTV. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  19. "'OT 2018' crece e álzase a un bo 15,3% fronte ao discreto regreso de 'La verdad' (12,7%)". FormulaTV. Consultado o 7 de novembro de 2018. 
  20. "'OT 2018' se mantiene líder con un buen 15,3% y 'La verdad' (11,9%) vive un igualado duelo con Chicote (11,7%)". FormulaTV. Consultado o 14 de novembro de 2018. 
  21. vertele.eldiario.es. "OT vuelve a la senda del 16%, su mejor cuota en 5 galas". Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  22. vertele.eldiario.es. "'OT 2018' marca un notable 16% frente a 'La verdad' (12,3%) y el estreno de 'Carretera y Manta' (7,7%)". FórmulaTV. 
  23. vertele.eldiario.es. "'OT 2018' lidera con un estupendo 15,3% frente a 'La verdad' (10,1%) y 'Carretera y manta' (8,1%)". FórmulaTV. 
  24. vertele.eldiario.es. "La semifinal de 'OT 2018' lidera con un 15,4% frente a la subida de 'La verdad' (11,8%)". FórmulaTV. 
  25. vertele.eldiario.es. "'OT 2018' (19,4%) se alza a su segundo mejor dato en su final y 'La verdad' (11,7%) se mantiene". FórmulaTV. 
  26. vertele.eldiario.es. "'La verdad' se despide con un mal 10,4% frente al 12,7% de 'Navidad con OT 2018'". FórmulaTV. 
  27. vertele.eldiario.es. ""El Contable" (16,3%) lidera en Antena 3 frente a 'GH Dúo: El debate' y 'OT Eurovisión' se queda en un 11,6%". FórmulaTV. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar