Gestmusic Endemol

(Redirección desde «Gestmusic»)

Gestmusic Endemol é unha produtora de televisión española fundada en 1987. Actualmente pertence a Endemol España, xunto con Zeppelin TV, Diagonal TV, Linze TV e Portalmix. A súa sede central está en Barcelona.

Gestmusic Endemol
Logo
Tipoempresa produtora de televisão
Data de fundación1987
Organización matrizBanijay Iberia
SedeBarcelona
PaísEspaña
Na rede
https://www.gestmusic.es/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Gestmusic foi fundada en 1987 polo trío de cómicos e cantantes La Trinca, integrado por Josep Maria Mainat, Toni Cruz e Miquel Àngel Pascual.

Nun primeiro momento, Gestmusic produciu o debut televisivo de La Trinca, co programa de humor No passa res!, estreado en xaneiro de 1987 na televisión pública catalá, TV3. O espazo converteuse nun dos grandes éxitos de audiencia da cadea, chegando a ter un millón e medio de espectadores e gañando un Premio Ondas.

Este éxito non pasou desapercibido para os directivos de Televisión Española,[1] quen encargaron unha versión en castelán, que se estreou en 1988 por TVE 1 co título Tariro Tariro, no que supuxo a primeira produción de Gestmusic para unha cadea de ámbito nacional.

Ao longo da década de 1990 converteríase nun dos principais provedores de contidos para televisión de España, aproveitando a ruptura do monopolio público e o nacemento das televisións privadas.[2]

En 1994 Miquel Àngel Pascual vendeu o seu paquete accionarial á produtora neerlandesa Endemol, que se facía co 60% da empresa, que pasou a chamarse Gestmusic Endemol.

En 1996 o irmán de Josep Maria Mainat, Joan Ramon, convértese no director creativo e produtor executivo de Gestmusic Endemol. O seu papel na consolidación da produtora foi decisivo, xa que se lle considera o creador de formatos que foron grandes éxitos de audiencia como Operación Triunfo ou Crónicas marcianas.

En 2002, Endemol (por entón propiedade da compañía española Telefónica) fíxose co control total de Gestmusic ao adquirir o 100% do capital. A pesar diso, Toni Cruz e Josep Maria Mainat seguiron como directores executivos da compañía. Joan Ramon Mainat faleceu en 2004.

A finais de 2004 Gestmusic fusionouse con Zeppelin TV -tamén propiedade de Endemol- dando orixe a Endemol España, aínda que ambas as produtoras seguiron operando no mercado como marcas diferenciadas.[3][4]

En maio de 2007, Mediaset, a través de Telecinco adquiriu Endemol, e con ela a propiedade de Gestmusic.[5]

O 7 de decembro de 2008 Toni Cruz e Josep Maria Mainat anunciaron a dimisión de todos os seus cargos e a súa marcha de Gestmusic e Endemol, argumentando unha deterioración progresiva das nosas relacións con Telecinco, que culminou nun grave conflito relacionado coa posta en marcha do novo programa de Javier Sardá.[6] Finalmente, con todo, continuaron no cargo tras recibir o apoio do Comité de Dirección de Endemol.[7]

Producións editar

Gestmusic Endemol é unha das produtoras máis importantes de España que non só crea un amplo abanico de formatos senón que os exporta ao estranxeiro. Entre outras, estas son os seus principais máis destacadas (propias e externas):

Referencias editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar