Gavilanes (serie de televisión)
Gavilanes é unha telenovela española producida por Gestmusic Endemol para Antena 3 e que foi emitida entre o 19 de abril de 2010 e o 22 de febreiro de 2011. É unha adaptación para o público español da telenovela colombiana Paixón de gabiáns polo que consecuentemente, os personaxes orixinais foron modificados e os seus perfís reescritos para a audiencia española. Conta con 26 capítulos repartidos en dúas tempadas.
Gavilanes | |
---|---|
Formato | Telenovela |
Dirixido por | Jesús Font |
Intérpretes | Claudia Bassols Rodolfo Sancho Alicia Sanz Roger Berruezo Diana Palazón Alejandro Albarracín Norma Ruiz Marta Calvó Carme Elías Fernando Andina Miriam Giovanelli |
País de orixe | España |
Episodios | 26 |
Produción | |
Localización(s) | Tarragona |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 19 de abril de 2010 |
Derradeiro episodio | 22 de febreiro de 2011 |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/gavilanes/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarA historia desta serie vira ao redor dos irmáns Reyes, Juan (Rodolfo Sancho), Óscar (Roger Berruezo) e Frank (Alejandro Albarracín), quen xuran vingar a morte da súa irmá, o que lles leva a instalarse como traballadores na mansión da familia Elizondo. O profundo odio comeza a cambiar cando os irmáns Reyes intégranse na vida da familia Elizondo. Xurdirán amores, enredos e intrigas, que presidirán o desenvolvemento da serie.
Co que non conta Juan é que a súa vida e as dos seus dous irmáns cruzarase coa das tres fillas de Bernardo Elizondo: Norma (Claudia Bassols), Sara (Diana Palazón) e Lucía (Alicia Sanz), correndo o risco de caer presos da súa propia vinganza.
Repartimento
editar- Rodolfo Sancho, como Juan Reyes, irmán máis vello dos Reyes, namorado de Norma. (T1-T2)
- Roger Berruezo, como Óscar Reyes, irmán mediano dos Reyes, namorado de Sara. (T1-T2)
- Alejandro Albarracín, como Frank Reyes, irmán máis novo dos Reyes, namorado de Lucía. (T1-T2)
- Claudia Bassols, como Norma Elizondo, filla máis vella e herdeira de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
- Diana Palazón, como Sara Elizondo, filla mediana de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
- Alicia Sanz, como Lucía Elizondo, filla pequena de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
- Carme Elías, como Sofía Cortés, viúva de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
- Fernando Andina, como Fernando Ribas, prometido de Norma e director comercial da compañía. (T1-T2)
- Benito Sagredo, como Víctor Abreu, amigo e aliado de Fernando, dono de La Frontera. (T1-T2)
- Joan Massotkleiner, como César Romero (†), namorado de Sofía. (T1-T2)
- Manel Barceló, como Adrián Cortés, irmán de Sofía e director de produción da compañía. (T1-T2)
- Jordi Martínez, como Mario Nestares, capataz da leira dos Elizondo. (T1-T2)
- Daniela Costa, como Claudia Aguirre, xardineira da leira dos Elizondo. (T1-T2)
- Mercè Llorens, como Olivia Cano, herdeira dunha leira de oliveiras. (T2)
- Adrià Collado, como Álvaro Cuesta, avogado da Federación Aceitera de la Vega. (T2)
- Pere Molina, como Jaime, capataz da leira de Olivia. (T2)
- Oriol Vila, como Ray, fillo de Eva e Adrián. (T2)
- Carlos Vicente, como Robles, comandante. (T2)
- Marta Marco, como Laura, policía. (T2)
- Marta Calvó, como Eva Suárez (†), gobernanta da leira dos Elizondo. (T1-T2)
- Norma Ruiz, como Rosario Montes, cantante de La Frontera, nai do fillo de Frank. (T1)
- Roberto Álvarez, como Bernardo Elizondo (†), dono da compañía Elizondo. (T1)
- Miriam Giovanelli, como Lidia Reyes (†), irmá dos Reyes, amante de Bernardo Elizondo. (T1)
Capítulos e audiencias
editarCapítulo | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
01 | Se avecina una tragedia | 19 de abril de 2010 | 3 374 000 | 17,2% |
02 | Búsqueda de pruebas | 26 de abril de 2010 | 3 259 000 | 17,2% |
03 | Pedida de mano | 3 de maio de 2010 | 3 010 000 | 16,0% |
04 | Los celos de Norma | 10 de maio de 2010 | 2 730 000 | 14,3% |
05 | Cámara de seguridad | 17 de maio de 2010 | 2 703 000 | 14,6% |
06 | La figura de un padre | 24 de maio de 2010 | 2 652 000 | 14,8% |
07 | La innauguración | 31 de maio de 2010 | 2 589 000 | 14,8% |
08 | La alianza | 7 de xuño de 2010 | 2 442 000 | 13,6% |
09 | La aventura de Sara | 14 de xuño de 2010 | 2 383 000 | 13,2% |
10 | La duda de Norma | 21 de xuño de 2010 | 2 340 000 | 12,6% |
11 | El coche de la laguna | 28 de xuño de 2010 | 2 313 000 | 13,7% |
12 | Eva consigue vengarse | 5 de xullo de 2010 | 2 380 000 | 15,2% |
13 | Juan, detenido e imputado | 15 de xullo de 2010 | 2 009 000 | 14,2% |
SEGUNDA TEMPADA | ||||
14 | Las vidas de Juan y Fernando, en peligro | 1 de novembro de 2010 | 2 418 000 | 13,7% |
15 | Álvaro amenaza la relación de Óscar y Sara | 8 de novembro de 2010 | 2 162 000 | 11,8% |
16 | Los hermanos Reyes, a punto de perder su primera cosecha | 15 de novembro de 2010 | 2 169 000 | 11,8% |
17 | Juan ve cómo Sofía y Fernando vuelven a besarse | 22 de novembro de 2010 | 2 211 000 | 11,7% |
18 | Juan y Norma esperan ilusionados su primera producción de aceite | 29 de novembro de 2010 | 1 849 000 | 10,8% |
19 | Sara se da cuenta de que siente algo especial por Álvaro | 13 de decembro de 2010 | 2 225 000 | 13,0% |
20 | El embarazo de Norma no va bien | 20 de decembro de 2010 | 2 099 000 | 12,0% |
21 | Olivia y Jaime se encuentran un cadáver | 18 de xaneiro de 2011 | 1 803 000 | 9,3% |
22 | La salud de Norma flaquea | 25 de xaneiro de 2011 | 2 034 000 | 10,2% |
23 | Lucía y Frank vuelven a acercarse | 1 de febreiro de 2011 | 1 971 000 | 9,7% |
24 | Norma deja a Juan | 8 de febreiro de 2011 | 2 068 000 | 10,7% |
25 | Lucía quiere recuperar a Frank | 15 de febreiro de 2011 | 2 129 000 | 11,3% |
26 | Juan y Norma retoman su relación | 22 de febreiro de 2011 | 2 216 000 | 11,9% |
<br="clear">