Auditorio de Tenerife
O Auditorio de Tenerife "Adán Martín" é unha construción civil para eventos culturais, situada na Avenida da Constitución de Santa Cruz de Tenerife, nas Illas Canarias, á beira do océano Atlántico na zona sur do peirao da cidade.
Auditorio de Tenerife | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | teatro de ópera, sala de concertos e centro de artes escénicas ![]() | |||
Estilo | arquitectura expresionista ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | |||
Concello | Santa Cruz de Tenerife ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 2003 ![]() | |||
Inauguración | 26 de setembro de 2003 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Santiago Calatrava ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | auditoriodetenerife.com ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Historia e características
editarFoi deseñado polo arquitecto Santiago Calatrava Valls. A construción comezou en 1997 e rematou en 2003, e foi inaugurado o 26 de setembro deste ano coa presenza de Filipe de Borbón, Príncipe de Asturias; tamén foi visitado en 2005 polo expresidente dos EUA, Bill Clinton. O edificio insírese nos principios da arquitectura modernista tardía do século XX. A súa sala principal ten capacidade para 1.616 persoas.
O seu perfil moderno fixo que o Cabido de Tenerife[1][2] o considere un dos símbolos máis destacados da cidade de Santa Cruz e na illa de Tenerife. En marzo de 2008, o Servizo Postal emitiu seis selos para recoller as obras máis emblemáticas da arquitectura española e incluíu o auditorio debido á súa singularidade.[3] É o edificio máis moderno nas Illas Canarias e unha das atraccións de Tenerife.
Notas
editar- ↑ "Ricardo Melchior y el Auditorio de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Tenerife Convention Bureau (información sobre centros de congresos)". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Correos emite seis sellos con obras emblemáticas de la arquitectura española e incluye al Auditorio de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Auditorio de Tenerife |