Santiago Calatrava

arquitecto español
(Redirección desde «Santiago Calatrava Valls»)

Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español. A súa oficina atópase na cidade de Zúric, Suíza.

Infotaula de personaSantiago Calatrava

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Santiago Calatrava Valls Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Benimàmet, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónETH Zürich
Universidade Politécnica de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , enxeñeiro civil , enxeñeiro , structural engineer (en) Traducir , arquitecto , Conservador-restaurador Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoArquitetura high-tech (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRafael Tamarit Pitarch Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webcalatrava.com Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
L'Hemisfèric na Cidade das Artes e das Ciencias (València).
 
Cidade das Artes e das Ciencias, en València.

Santiago Calatrava naceu no barrio de Benimamet de Valencia. As familias de seus pais adicábanse á exportación de cítricos, o cal lle permitiu coñecer outros países de Europa.

 
Auditorio de Tenerife.

Á idade de oito anos, Santiago Calatrava ingresou nunha escola de arte para aprender debuxo e pintura, actividade que compaxinaba cos seus estudos escolares. Ós 13 anos a súa familia enviouno a París a través dun programa de intercambio estudantil. De volta a Valencia, rematou os seus estudos escolares e matriculouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia, onde se graduou como arquitecto e onde realizou un curso de posgraduado en urbanismo. A continuación, Calatrava, que se interesaba polas grandes obras dos mestres clásicos e que desexaba amplia-la súa formación, trasladouse en 1975 a Zúric, onde estudou durante catro anos enxeñaría civil no Instituto Federal de Tecnoloxía, no cal se graduou cun doutoramento.

No ano 2007 foille concedido o Premio Nacional de Arquitectura.[1]

Traballos e proxectos editar

Rematada a súa etapa de estudos, traballou como profesor auxiliar no Instituto Federal de Tecnoloxía, onde comezou a aceptar pequenos encargos e a participar tamén en concursos de novos proxectos. En 1983 foille adxudicada a súa primeira obra de certa importancia, a estación de ferrocarril de Stadelhofen, situada xunto ao centro de Zúric onde tamén establecera o seu despacho. Ao ano seguinte, Calatrava deseñou a Ponte do 9 de Outubro en Valencia, o que marcou o comezo da construción de numerosas pontes que se lle irían encargando a partir de entón.

En 1989 Calatrava abriu o seu segundo despacho en París, mentres traballaba no proxecto da Estación de Ferrocarril do Aeroporto de Lión. Dous anos despois creou o seu terceiro despacho, esta vez en Valencia, onde traballaba nun proxecto de grandes dimensións, a Cidade das Artes e das Ciencias. Dende aquela o seu prestixio internacional non parou de medrar.

Estilo editar

 
Ponte do Alamillo, Sevilla.

Na actualidade Calatrava é considerado como un arquitecto especializado en grandes estruturas que se caracteriza por unha extraordinaria estética e harmonía. Contrariamente ao que adoita ser común en moitos arquitectos, que ocultan as estruturas dos seus edificios, Calatrava convérteas en elementos esenciais e en obras de arte.

Calatrava recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 1999. Foi nomeado Doutor honoris causa en doce ocasións.

Obras representativas editar

 
Edificio BCE (Toronto, Canadá).

Crítica editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar