Nuno Freire de Andrade, o Mao

Nuno Freire de Andrade ( n. ? - m. 1431), dito O Mao, foi un nobre galego baixomedieval, señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba. A inicios da terceira década do século XV tivo que facer fronte ao levantamento dos vasalos das súas terras, acontecemento coñecido na historiografía como Irmandade Fusquenlla ou primeira revolta irmandiña.

Modelo:BiografíaNuno Freire de Andrade, o Mao

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte1431 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Santa María de Monfero Editar o valor en Wikidata
Señor de Pontedeume
1407 – 1431
← Pedro Fernández de AndradePedro Fernández de Andrade II →
Señor de Ferrol
Señor de Vilalba
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomeso Mao Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Andrade Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBeatriz de Valdés Editar o valor en Wikidata
FillosPedro Fernández de Andrade II
Fernán Pérez de Andrade, O Mozo
Rui Freire de Andrade
Gómez Freire de Andrade
Martín Freire de Andrade Editar o valor en Wikidata
PaisPedro Fernández de Andrade Editar o valor en Wikidata  e Mencía de Meira Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar
 
Igrexa do mosteiro de Monfero, onde está o cadaleito de Nuno Freire de Andrade, O Mao

Nuno Freire era fillo do segundo señor da casa de Andrade, Pedro Fernández de Andrade e de dona Mencía de Meira. Herdou do seu pai sendo aínda novo, cando este faleceu a inicios do século XV, o señorío de Ferrol, Pontedeume, Vilalba e outras localidades.

A súa actuación inicial dirixiuse a ampliar os seus dominios á custa de estados eclesiásticos, primeiro tentando facerse cos coutos de Muniferral e Feás (no actual concello de Aranga), prosesión da mitra compostelá, da que á fin obtivo o arrendo dos coutos por dez anos en 1411, e logo edificando no porto da granxa de Reparada (actual Covas, na terra de Trasancos), propiedade do mosteiro cisterciense de Sobrado, que se opuxo a el en 1410. Este mosteiro xa preiteara por esta granxa co seu pai Pedro Fernández de Andrade. Por contra foi xeneroso con Monfero.

En 1428, recibiu nos seus estados ao infante Henrique de Aragón, a quen hospedou obsequiosamente. Logo acompañou ao rei Xoán II a terras de Aragón, no ano seguinte, con numerosa hoste durante a guerra contra os aragoneses que apoiaban aos Infantes de Aragón. Nuno Freire acabada a guerra en 1430, non tiña outro remedio que compensar e pagar ben aos seus homes[1] .

A Irmandade Fusquenlla

editar

Isto foi, seguramente, a orixe de fortes exaccións sobre os seus vasalos, arrapañadas con grande dureza, e que levaron ao levantamento da Irmandade Fusquenlla en 1431, na que até dez mil homes, conducidos polo fidalgo Roi Xordo, derribaron varias casas fortes e mesmo se atreveron a tentar o asedio de Santiago; até que o mesmo Nuno Freire, auxiliado polo corrixidor real, Gómez García de Hoyos, os venceu aos pés da súa mesma fortaleza de Pontedeume, onde tiñan cercada á súa propia esposa e fillos[2]. Os derrotados foron ou presos ou enforcados.

No mesmo ano de 1431 faleceu Nuno Freire de Andrade. Mandouse inhumar no mosteiro de Monfero. Sobre a sepultura colocouse o seguinte epitafio :

No : Nome : Iesu : Auede : Piedade : Da : Anima : De : Nuno : Freire : De : Andrade : Caualeiro : De : Uerdade : Un : Do : Consello : Do : Rei : Qese : Finou : Eno : Ano : D : Mil : CCCCXXXI : Anos
(No nome de Xesús, tede piedade da alma de Nuno Freire de Andrade, cabaleiro de verdade, un do Consello do Rei, que faleceu no ano 1431)

A súa tumba, despois de ser movida no século XVII[3], figura á dereita da portada da igrexa do devandito mosteiro.

Nuno Freire de Andrade, o Mao
Nacemento:  ? Falecemento: 1431


Aristocracia galega
Precedido por
Pedro Fernández de Andrade


III Señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba
1407 – 1431
Sucedido  por
Pedro Fernández de Andrade II

Sucesión

editar

O maior dos fillos de Nuno Freire, Pedro Fernández de Andrade herdou a sucesión. O seu segundo fillo Fernán Pérez de Andrade, O Mozo chegaría a ser tamén señor de Pontedeume despois da morte prematura da filla de Pedro Fernández de Andrade II, María de Andrade.

  1. Resúmese a Couceiro Freijomil, A., Historia de Puentedeume. Pontedeume. 1981, páxs. 181-184
  2. Cfr. Valdeón Baruque, J., Los conflictos sociales en el reino de Castilla en los siglos XIV y XV. Madrid. 1976, páxs. 188-191 ; tamén máis resumidamente en Andrade Cernadas, J. M., e Pérez Rodríguez, F. J., Galicia Medieval. Perillo-Oleiros. 1995, páxs. 269-270.
  3. Couceiro Freijomil, Historia de Puentedeume. Pontedeume. 1981, páxs. 188-189, a transcrición do epitafio contén certas inexactitudes que correximos

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar