María de Andrade

María de Andrade, foi a quinta persoa en posuír os señoríos de Pontedeume, Ferrol e Vilalba, herdados do seu pai Pedro Fernández de Andrade II. A morte temperá deste fixo que acadase os señoríos sendo menor de idade, polo cal durante o seu curto mandato actuou como titor o seu tío Fernán Pérez de Andrade, O Mozo.

María de Andrade
V Señora de Pontedeume, Ferrol e Vilalba

Mandato?-1441?
Nacemento?
Falecemento1441?
Sepultura?
PredecesorPedro Fernández de Andrade II
SucesorFernán Pérez de Andrade, O Mozo
Cónxuxe/s?
DescendenciaSen descendencia
Liñaxe / DinastíaCasa de Andrade
ProxenitoresPedro Fernández de Andrade II
?

Descoñécense as datas exactas do seu nacemento, posesión do señorío e pasamento. Sábese por distintos documentos, que seu pai testou en 1435, que en 1440 estaba rexendo os señoríos tendo ao seu tío como titor, e que en xullo de 1442 xa é seu tío o posuidor dos señoríos.

Polo tanto, debeu tomar posesión dos señoríos algo despois de 1435 e morrer sen descendencia entre 1440 e 1442.

Pouco se sabe desta, máis rapaza que señora de Andrade. Aparece nomeada nun documento do 6 de xaneiro de 1440 relativo a un foro outorgado polos frades de Montefaro no que se di[1]:

Et eu john sennor notº publico por lo sennor frnan peres dandrade titor de dona mª sua sobriña ennas vilas da pontedeume e ferrol e vilalua e en todas las outs suas terras e señorios e encomendas...

Foi sucedida polo seu tío e titor, Fernán Pérez de Andrade, o Mozo.

NotasEditar

  1. Antonio Couceiro Freijomil: Historia de Pontedeume, 4ª ed. 1995, páx. 198

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

María de Andrade
Nacemento: ? Falecemento: 1441?


Aristocracia galega
Precedido por
Pedro Fernández de Andrade II


V Señora de Pontedeume, Ferrol e Vilalba
? – 1441?
Sucedido  por
Fernán Pérez de Andrade, O Mozo