Roi Xordo
Roi Xordo foi un fidalgo medieval da terra da casa de Andrade, que en 1431 liderou a Irmandade Fusquenlla na súa revolta contra o señor Nuno Freire de Andrade, o Mao, na que sería a primeira revolta irmandiña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() provincia da Coruña, España ![]() |
Morte | 1437 ![]() Pontedeume, España ![]() |
Actividade | |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Andrade ![]() |
Traxectoria
editarPouco se sabe de Roi Xordo. Podería ser de Ferrol, aínda que tamén se defende que era coruñés[1]. Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o castelo de Moeche, facendo fuxir cara Pontedeume o seu señor Nuno Freire. Sumando xentes de Mondoñedo e Lugo, até acadar os 10.000 combatentes,[2] Roi Xordo avanzou contra Pontedeume e Betanzos. Alí, o arcebispo de Santiago Lope de Mendoza, tentou infrutuosamente chegar a un acordo de paz. Así e todo, o exército irmandiño atacou Compostela, sendo derrotado polo exército regular do arcebispado. Roi Xordo e as súas tropas regresaron daquela a Pontedeume onde puxeron baixo asedio o castelo dos Andrade. Mais estes, refeito e reforzado o seu exército, conseguiron rompe-lo cerco no ano 1437, derrotando á Irmandade e dando morte a Roi Xordo na batalla.[3].
Notas
editar- ↑ Hai quen considera que este Roi Xordo é o mesmo que outorgou testamento na cidade da Coruña o 24 de decembro de 1457 (ver Uriarte Basadre). Ademais semella que este Roi Xordo das Mariñas, rexedor da Coruña, é o mesmo que finou violentamente no mes de xuño de 1458 a mans de Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, e dos seus homes, segundo testemuña o seu tío Gómez Pérez das Mariñas I (ver Pardo de Guevara).
- ↑ Perez de Guzman, Fernan (1779). Crónica del señor don Juan, segundo de este nombre en Castilla y en Leon (en castelán).
serian bien diez mil hombres y mas, é habían tomado por Capitán un Fidalgo que se llamaba Ruy Sordo, é traían un pendón de Santiago, é hicíéron todos una hermandad, é por toda la tierra los llamaban los hermanos
- ↑ Burgoa, Juan Jose. "Los protagonistas del Ferrol medieval Roi Xordo y Pedro Padrón". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2022-09-04.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Uriarte Basadre, F. (1981). "O testamento de Roi Xordo das Mariñas. Copia de 1503 sobre un orixinal de 1457". Grial (74): 514–520.
- Pardo de Guevara y Valdés, E. (2000). Los señores de Galicia. Galicia Histórica II. A Coruña: Fundación Barrié. pp. 121–123.