Fundación Barrié

fundación galega
(Redirección desde «Fundación P. Barrié de La Maza»)

A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha fundación patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en Galicia.

Fundación Barrié
Logo
Sede nos cantóns da Coruña
Tipofundación
Data de fundación5 de novembro de 1966
Fundador(es)Pedro Barrié de la Maza
Presidente/aXosé María Arias (-) Editar o valor en Wikidata
PremiosPremio Otero Pedrayo
SedeA Coruña
EnderezoCantón Grande 9. 15003
PaísGalicia
Na rede
https://fundacionbarrie.org/
Facebook: fundacionbarriedelamaza Twitter: fundacionbarrie LinkedIn: fundacion-barrie Youtube: UCDJ_4_bfpX7JnRmSZu_Yi1g Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A organización foi creada o 5 de novembro de 1966 por Pedro Barrié de la Maza, quen a declarou herdeira universal da súa fortuna. Posteriormente, a súa irmá Gertrudis e a súa viúva Carmela Arias achegaron tamén parte do seu patrimonio. A fundación foi declarada de interese galego pola Xunta de Galicia o 13 de xuño de 1986.

Foi accionista maioritaria de Banco Pastor, ata a súa fusión co Banco Popular en 2013, obtendo dos rendementos das accións nesta empresa a maior parte dos seus ingresos.

 
Edificio Banco de Vigo, rúa Policarpo Sanz.

A sede da Coruña sitúase no número 9 do Cantón Grande. Foi inaugurada en 1995 pola Raíña Sofía. A sede de Vigo está radicada no número 31 da rúa de Policarpo Sanz, no Edificio Banco de Vigo. Foi aberta en 2005 e recibiu diversos premios pola súa restauración, asinada polos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla.

Actividade

editar

A fundación contribuíu de diversas formas á cultura, educación, sanidade etc. de Galicia. Colaborou na creación das escolas universitarias de Arquitectura e Arquitectura Técnica na Coruña e a de Enxeñería Industrial en Vigo e do Instituto da Lingua Galega.

Organiza anualmente o Ciclo de Jazz da Fundación Barrié e entrega bolsas a estudantes universitarios.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar