Notofagáceas
Notofagáceas Nothofagaceae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nothofagus pumilio | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
A das notofagáceas (Nothofagaceae) é unha familia da orde das fagales.
Comprende unha serie de especies arbóreas orixinarias do hemisferio sur, todas elas reunidas nun único xénero, Nothofagus, cuxos membros son coñecidos da bibliografía internacional como faias do sur, pois están emparentados coas faias (xénero Fagus) do hemisferio norte e até a década de 1990 eran clasificados como un xénero irmán delas, dentro da familia das fagáceas.
Considérase que o xénero orizinouse no sur de Suramérica e a península Antártica.[1]
As especies de notofagáceas encóntranse principalmente en Australia, Nova Zelandia, Chile, Arxentina, Nova Guinea e Nova Caledonia.
Taxonomía
editarDescrición
editarFamilia
editarA familia foi descrita en 1962 pola bióloga rusa, especializada en palinoloxía, Liudmila Kupriánova, nun traballo publicado en Int. Conf. Palynology 21.[2]
A especie tipo é Nothofagus antarctica (G.Forst.) Oerst..[3]
Xénero
editarO xénero Nothofagus foi descrito en 1850 polo naturalista e botánico alemán-neerlandés Carl Ludwig Blume e publicado en Museum Botanicum 1: 307.[4]
Etimoloxías
editarFamilia
editarO nome da familia está formado, segundo a norma, pola raíz Nothofag- do nome do seu xénero tipo (e, neste caso, único, Nothofagus, coa adición do sufixo do latín científico -aceae, propio dos nomes das familias dos vexetais.
Xénero
editarEn canto ao nóme do xénero está formado polo elemento do latín científico notho-, tirado do grego antigo νόθος nóthos, "bastardo", "ilexítimo",[5][6] seguido do nome do xénero Fagus, indicando "falsas haias".
Nota taxonómica
editarAínda que a posición sistemática do xénero Nothofagus é aínda discutida por algúna autores; clasicamente, este xénero estaba inclído na familia das fagáceas (ver este artigo), pero as clasificacións filoxenéticas APG II (2003) e APG III (2009) aceptan esta familia.[7]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Especies
editarSegundo a lista dos Reais Xardíns Botánicos de Kew:[10]
- Xénero Nothofagus Blume (1851)
- Nothofagus aequilateralis (Baum.-Bod.) Steenis (1954)
- Nothofagus alessandrii Espinosa (1928)
- Nothofagus alpina (Poepp. & Endl.) Oerst. (1872)
- Nothofagus antarctica (G.Forst.) Oerst. (1872)
- Nothofagus × apiculata (Colenso) Cockayne (1910 publ. 1911)
- Nothofagus × apiculata nothovar. apiculata
- Nothofagus × apiculata nothovar. blairii (Kirk) Govaerts (1998)
- Nothofagus × apiculata nothovar. dubia (Kirk) Cheeseman (1906)
- Nothofagus balansae (Baill.) Steenis (1954)
- Nothofagus baumanniae (Baum.-Bod.) Steenis (1954)
- Nothofagus betuloides (Mirb.) Oerst. (1872)
- Nothofagus brassii Steenis (1952)
- Nothofagus carrii Steenis (1952)
- Nothofagus codonandra (Baill.) Steenis (1954)
- Nothofagus crenata Steenis (1952)
- Nothofagus cunninghamii (Hook.) Oerst., Skr. Vidensk.-Selsk. Christiana (1873)
- Nothofagus discoidea (Baum.-Bod.) Steenis (1954)
- Nothofagus dombeyi (Mirb.) Oerst. (1872)
- Nothofagus flaviramea Steenis, Nova Guinea, n.s. (1955)
- Nothofagus fusca (Hook.f.) Oerst., Skr. Vidensk.-Selsk. Christiana (1873)
- Nothofagus glauca (Phil.) Krasser (1896)
- Nothofagus grandis Steenis (1952)
- Nothofagus gunnii (Hook.f.) Oerst., Skr. Vidensk.-Selsk. Christiana (1873)
- Nothofagus × leonii Espinosa (1926)
- Nothofagus macrocarpa (A.DC.) F.M.Vázquez & R.A.Rodr. (1999)
- Nothofagus menziesii (Hook.f.) Oerst., Skr. Vidensk.-Selsk. Christiana (1873)
- Nothofagus moorei (F.Muell.) Krasser (1896)
- Nothofagus nitida (Phil.) Krasser (1896)
- Nothofagus nuda Steenis (1972)
- Nothofagus obliqua (Mirb.) Oerst. (1872)
- Nothofagus perryi Steenis (1952)
- Nothofagus pseudoresinosa Steenis (1952)
- Nothofagus pullei Steenis (1952)
- Nothofagus pumilio (Poepp. & Endl.) Krasser (1896)
- Nothofagus resinosa Steenis (1952)
- Nothofagus rubra Steenis (1952)
- Nothofagus rutila Ravenna (2000)
- Nothofagus solandri (Hook.f.) Oerst., Skr. Vidensk.-Selsk. Christiana (1873)
- Nothofagus starkenborghii Steenis (1952)
- Nothofagus stylosa Steenis (1986)
- Nothofagus womersleyi Steenis (1972)
- Xénero Nothofagus
- Nothofagus aequilateralis
- Nothofagus alessandri
- Nothofagus antarctica
- Nothofagus balansae
- Nothofagus baumanniae
- Nothofagus betuloides
- Nothofagus brassii
- Nothofagus carrii
- Nothofagus codonandra
- Nothofagus cunninghamii
- Nothofagus discoidea
- Nothofagus dombeyi
- Nothofagus fusca
- Nothofagus glauca
- Nothofagus grandis
- Nothofagus gunnii
- Nothofagus menziesii
- Nothofagus moorei
- Nothofagus nervosa
- Nothofagus nitida
- Nothofagus obliqua
- Nothofagus perryi
- Nothofagus pumilio
- Nothofagus resinosa
- Nothofagus solandri
- Nothofagus truncata
- Nothofagus × alpina
- Nothofagus sp. 5029rb
- Nothofagus sp. 5029rd
Características
editarAs princpais características son:[2]
As especies desta familia son árbores ou arbustos monoicos de folla perenne ou caducifolios. As follas, dísticas, revolutas cando son perennes ou plicadas cando son caducas. Presentan estípulas, unidas basalmente ou peltadas, caducas. A lámina foliar é simple, pinnada, enteira, crenada, dentada ou serrada; as veas foliares menores sen células de transferencia de floema; a cutícula xeralmente con tricomas glandulares globulares. A inflorescencia é un dicasio. A masculina é sésil ou brevemente pedunculada, con de 1 a 3 flores; o perianto é campanulado; o androceo con de 6 a 36 estames filamentosos longos e flexíbeis; as anteras son alongadas, con protrusión conectiva distal, lóbulos proximais por encima do punto de conexión, non versátiles, tetrasporanxiadas, dehiscentes por unha fendedura. A Inflorescencia feminina é sésil ou levemente pedunculada, xeralmente con 3 flores (2 trímeras lateraies e 1 dímera central); o perianto é reducido. O xineceo ten ovario ínfero, con 3 ou 2 carpelos, cada un con 2 óvulos. O froito é unha noz normalmente lenticular; o endocarpo é glabro; os cotiledóns plicados, con reserva de graxa e endosperma ausente.
Distribución e hábitat
editarAs especies desta familia son orixinarias das rexións húmidas tropicais e temperadas do hemisferio sur: Suramérica (Arxentina e Chile), Nova Guinea, Australia, Nova Caledonia e Nova Zelandia.
Galería
editar-
Nothofagus antarctica, no Parque Nacional Torres del Paine, Chile
-
Nothofagus pumilio, en Magallanes, Chile
-
Nothofagus fusca, no Queens Park, Invercargill, Nova Zelandia
-
Nothofagus obliqua, no Arboretum national des Barres, Nogent-sur-Vernisson, Francia
-
Nothofagus solandri, espécime cultivado en Auckland, Nova Zelandia
-
Follaxe de Nothofagus truncata, Xardín Botánico de San Francisco
Notas
editar- ↑ Hill, Robert S.; Dettmann, Mary E. (1996). "Origin and Diversification of the Genus Nothofagus". En Veblen, Thomas T.; Hill, Robert S.; Read, Jennifer. The Ecology and Biogeography of Nothofagus Forests. Consultado o 13 de xuño de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Nothofagaceae Kuprian. en NZFlora (en inglés). Consutada o 15 de xullo de 2020.
- ↑ "Nothofagus antarctica" (Tropicos. Missouri Botanical Garden ed.). Consultado o 15 de xullo de 2020.
- ↑ Tropicos. Missouri Botanical Garden (ed.). "Nothofagaceae". Consultado o 15 de xullo de 2020.
- ↑ noth- no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ notho- en Botanical Names, page N en calflora.net.
- ↑ Nothofagus Blume en Enciclopedia de la flora de Chile (en castelán). Consultada o 16 de xullo de 2020.
- ↑ En: Syst. Fl. Neu-Caledonien 104 (1992).
- ↑ En: Pollen Morphol. & Biogeogr. Fagac. 116 (2004).
- ↑ Nothofagus, na World Checklist Arquivado 16 de xullo de 2020 en Wayback Machine.. Consultada o 15 de xullo de 2020.
- ↑ Nothofagaceae no NCBI. Consultado o 15 de xullo de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Notofagáceas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Notofagáceas |
Bibliografía
editar- Kuprianova, L. A. (1962): First International Conference Palinol. Reports Soviet Palinol: 21.
- Breitwieser, I.; Brownsey P. J.; Heenan, P. B.; Nelson, W. A. & Wilton, A. D., eds. (2014): Flora of New Zealand Online – Taxon Profile - Fuscospora (based on Heenan and Smissen 2013).
- Pocknall, D. T. & Dettmann, M. E. (1990): "Nothofagidites Erdtman ex Potonié, 1960: a catalogue of species with notes on the paleogeographic distribution of Nothofagus Bl.(Southern Beech)". New Zealand Geological Survey.
- Vergara, R.; Gitzendanner, M. A.; Soltis, D. E. & Soltis, P. S. (2014): "Population genetic structure, genetic diversity, and natural history of the South American species of Nothofagus subgenus Lophozonia (Nothofagaceae) inferred from nuclear microsatellite data". Ecology and Evolution 4 (12): 2450–2471.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Les Nothofagus (en francés).
- Family Nothofagaceae Kuprian. en U.S. National Plant Germplasm System (en inglés).