Liudmila Kupriánova

botánica soviética
(Redirección desde «Liudmila Alekséyevna Kupriánova»)

Liudmila Alekséevna Kupriánova (en ruso Людмила Андреевна Куприянова), nada en 1914 en San Petersburgo (Imperio ruso) e finada o 13 de xaneiro de 1987 na mesma cidade (chamada daquela Leningrado), foi unha botánica e palinóloga soviética.

Infotaula de personaLiudmila Kupriánova
Nome orixinalLiudmila Alekséevna Kupriánova
Biografía
Nacemento1914
San Petersburgo, (Imperio ruso)
Morte13 de xaneiro de 1987
Leningrado (Unión Soviética)
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio)
Datos persoais
ResidenciaRusia Rusia
País de nacionalidaderusa
Formación profesionalDoutora en Bioloxía
EducaciónUniversidade Herzen
Actividade
Campo de traballoBotánica, systematic botany (en) Traducir, Palinoloxía e Paleobotánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnaturalista
EmpregadorInstituto Botánico Komarov (San Petersburgo)
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaKuprian. Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa carreira científica transcorreu durante máis de cincuenta anos, a maior parte deles no Instituto Botánico Komarov en San Petersburgo, no que durante moitos anos foi a directora do grupo de palinoloxía. É recoñecida pola documentación de coleccións de paleopalinoloxía e actuopalinolocía, así como da palinoteca do Instituto, que na actualidade inclúe 21 000 exemplares de palinomorfos.

A doutora Kupriánova publicou máis de 200 traballos de botánica sistemática, historia da flora e palinomorfoloxía.

As súas máis temperás achegas foron dos xéneros Leonorus, Linaria, Lotus, Panzeria, entre outros, para a Flora de Rusia. O seu primeiro artigo palinolóxico foi sobre as rosáceas. Contra 1948 xa publicara unha obra senlleira "Pollen morphology & phylogeny of Monocotyledons". Sobre a palinoloxía das amentíferas foi a súa tese de doutoramento. Pioneira na utilización de microscopía de alta resolución, nas súas versións TEM e SEM: Allium, Chloranthus, Cousinia, Liquidambar, Nelumbo e Nymphaea.

A súa experiencia valelle ser convocada por diversas revistas científicas para formar parte do comité editorial, por exemplo, Pollen et Spores (Francia), Review of Palaeobotany & Palynology (Países Baixos) e World Pollen & Spores (Suecia).

Morreu o 13 de xaneiro de 1987 a causa dun ataque ao corazón.

Honores editar

  • Alexander Alfonsovich Grossheim dedicoulle a especie Secale kuprijanovii.
  • Sergei Arsenjevic Nevski dedicolle a subespecie transcaucasica dunha gramínea en perigo de extinción.

Abreviatura editar

A abreviatura Kuprian. emprégase para recoñecer a Liudmila Kupriánova como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar