Nogueiroa, Parada de Labiote, O Irixo

lugar da parroquia de Parada de Labiote, no concello do Irixo

Nogueiroa é un lugar da parroquia de Parada de Labiote no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 28 eran homes e 41 mulleres.

Nogueiroa

Placa de Nogueiroa (O Irixo).
ParroquiaParada de Labiote
ConcelloO Irixo
Coordenadas42°29′27″N 8°10′50″O / 42.490833333333, -8.1805555555556Coordenadas: 42°29′27″N 8°10′50″O / 42.490833333333, -8.1805555555556
Poboación69 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Lugares de interese editar

O lugar ten unha capela dedicada a Santo Antonio de construción recente no sitio do Reboiro. Baixo a capela hai un lavadoiro cunha placa conmemorativa da traída da auga ao lugar. Fronte á capela, está un cruceiro. A praza está rodeada de canastros herdanza do uso que a eira tiña tradicionalmente. Hai outras eiras de canastros como a eira da Tía Rosiña. No fondo do lugar hai unha fonte pública de auga potábel.

Seguindo a estrada para Parada, antes da última casa, hai unha verea que baixa para o Porto do Río onde está a ponte vella que cruza o río en dirección á parroquia de Parada de Labiote. A estrada Parada-Xendive OU-0416 cruza o río en Nogueiroa en dous puntos. Subindo desde a segunda ponte para Parada, está o camiño para Cernado, con elementos propios dos valados tradicionais.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Parada de Labiote editar

Lugares da parroquia de Parada de Labiote no concello do Irixo (Ourense)

Nogueiroa | Parada | Prexigueiro | Xirei

Parroquias do Irixo editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Irixo

Campo (Santa María) | Cangues (Santo Estevo) | A Cidá (Santa Mariña) | Corneda (Santiago) | Dadín (San Pedro) | Espiñeira (San Pedro) | Froufe (San Xoán) | Loureiro (Santa Mariña) | Parada de Labiote (San Xulián) | Reádigos (Santa Baia) | O Regueiro (San Pedro) | San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)

Notas editar

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 29.marzo.2013. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – O Irixo – Parada de Labiote" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29.marzo.2013.