Niké

Deusa grecorromana

Niké,[1] Nice ou Nike, (en grego antigo Νίκη, vitoria), segundo a mitoloxía grega, era a divindade da vitoria[2][3] e o seu equivalente romano era a "Vitoria". Aparecía con corpo dunha doncela alada voando a gran velocidade que levaba unha palma e coroa de loureiro e representaba a vitoria no combate e nas competicións atléticas.

Debuxo de Nike.

Referencias antigas

editar

Hesíodo, convértea en filla do titán Palas e de Estixia sendo, polo tanto, irmá de Bía (a Violencia), Zelo (o Fervor) e Cratos (a Forza). Segundo a mitoloxía posterior, Estixia levounos a carón de Zeus cando este buscaba aliados entre os deidades olímpicas para a loita contra os Titáns,[4] deidades máis antigas. Níke asumiu o papel de auriga divina,[5] un papel no que tamén aparece na arte grega clásica, e voou polos campos de batalla recompensando aos vencedores con gloria e fama, simbolizada pola coroa de follas de loureiro. En sinal de gratitude, Zeus adoptou a Nike.

Os romanos coñecíana polo nome de Vitoria e, segundo a súa mitoloxía, foi educada por Palas, o heroe epónimo do Palatino, que lle construíu un templo no cume da cuíña palatina.

Nike aparece alada na maioría das estatuas e pinturas, sendo a Nike alada de Samotracia (exposta no Museo do Louvre) unha das máis coñecidas. Nike é a deusa da forza, a velocidade e a vitoria. Aínda que orixinalmente era consideraba unha deusa independente, trala batalla de Salamina (480 a. C.), quedou asociada a Atenea e mesmo, Nike, foi un alcume da deusa co significado de «vitoriosa», e pasou a ser representada como unha pequena escultura feminina sobre a palma da man da deusa na estatua de Atenea situada no Partenón.

Níke tamén é unha das imaxes máis presentes nas moedas gregas.[6]

Hai múltiples nomes en moitas linguas que proveñen de Nike, como por exemplo: Nikolaos, Nicholas, Nicola, Nick, Nicolai, Niccolò, Nikolai, Nicolae, Nils, Klaas, Nicole, Ike, Niki, Nikita, Nikitas, Nika, Nieke, Naike, Niketas, Nikki, Nico, e Verónica .

Referencias contemporáneas

editar
  • A empresa de equipamiento deportivo Nike, Inc. leva o nome da deusa.[7]
  • Un sistema de mísiles antiaéreos estadounidense, lleva o nome de Proxecto Nike.[8]
  • Unha figura de da deusa cun buque foi o deseño do primeiro trofeo da Copa Mundial da FIFA, tamén coñecido como o trofeo de Jules Rimet.
  • A imaxe da deusa forma parte do emblema da Universidade de Melbourne.[9]
  • O Spirit of Ecstasy, o adorno de campana empregado polo fabricante de automóbiles Rolls-Royce, está inspirado na imaxe da deusa.[10]
  • O logo da compañía de motocicletas Honda está inspirado na deusa.[11]

Galería

editar
  1. "Niké". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1464. 
  2. Lajo (1990), p. 146
  3. VV.AA. (2003), p. 117
  4. "Hesiod, Theogony (371)". Perseus Digital Library. Consultado o 28-06-2018. 
  5. "Nike". THEOI GREEK MYTHOLOGY. Consultado o 28-06-2018. 
  6. Sayles, Wayne G (2007). Ancient Coin Collecting II: Numismatic Art of the Greek World (en inglés). Krause Publications. p. 149. ISBN 978-0-89689-516-4. 
  7. Levinson, Philip (19-01-2016). "How Nike almost ended up with a very different name". Business Insider. Consultado o 28-06-2018. 
  8. "Summary of Nike Missile Batteries" (PDF). redstone.army.mil. Archived from the original on 20-02-2004. Consultado o 28-06-2018. 
  9. "The University of Melbourne". The University of Melbourne. Consultado o 28-06-2018. 
  10. "Spirit of Ecstasy – the story". rolls-roycemotorcars.com. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2018. Consultado o 28-06-2018. 
  11. "The Honda logotype". onlytrial.com. Arquivado dende o orixinal o 28-06-2018. Consultado o 28-06-2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Grimal, Pierre (2008). Diccionari de mitologia grega i romana (en catalán). Barcelona: Edicións de 1984. ISBN 9788496061972. 
  • Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-493-1. 
  • VV.AA. (2003). Diccionario de Arte II (J-Z). Biblioteca de Consulta Larousse. Barcelona: Spes Editorial (RBA). ISBN 84-8332-391-5.