Bía

deusa da mitoloxía grega, personificación da forza e a violencia

Bía era na mitoloxía grega a personificación da forza e da violencia, filla de Palas e Estixia, e irmá de Niké, Kratos, e Zelo. Aliouse cos seus irmáns con Zeus na súa loita cos titáns. Aparece citada por Esquilo en Promētheus Desmōtēs e Platón en Protágoras. Represéntase como unha muller armada con coiraza.

Hefesto, Bía e Kratos encadeando a Prometeo no monte Cáucaso. Debuxo de Johann Heinrich Füssli.