KOMSCO
Coordenadas: 36°22′41.5861″N 127°21′44.77″O / 36.378218361, -127.3624361
Korea Minting, Security Printing and ID Card Operating Corporation –KOMSCO–, (en coreano: 한국조폐공사; en galego "Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea") é unha compañía pública suroreana responsable da cuñaxe de moedas e medallas e da impresión de billetes e outros documentos de seguridade para o Goberno surcoreano.[1]
KOMSCO ("Corporación de Cuñaxe e Impresión de Seguridade de Corea") | |
---|---|
Acceso ás instalacións de KOMSCO | |
Tipo | Empresa pública. |
Fundación | 1 de outubro de 1951 |
Localización | Yuseong (Daejeon) Corea do Sur. |
Persoas clave | Presidente: Yoon Young-dae. |
Industria | Cuñaxe e impresión. |
Produtos | Moedas, medallas, billetes, impresión de seguridade etc. |
Número de empregados | 1.562 |
Na rede | |
http://english.komsco.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa sede está na localidade de Yuseong na cidade metropolitana de Daejeon.[2]
Historia
editarA compañía fundouse o 1 de outubro de 1951, en pleno desenvolvemento da Guerra de Corea. A súa primeira sede foi, con carácter provisional, un edificio de madeira na cidade de Busan.[3]
Na década de 1960 produciuse a grande expansión da empresa, coa instalación duns talleres de impresión de billetes na preexistente fábrica de papel de Daejeon e coa construción dunha nova planta para a cuñaxe de moeda en Busan.[3]
Na década seguinte a compañía, aínda en expansión, coa creación dunha terceira planta, deu un paso cara á internacionalización coa sinatura dun acordo de subministración de papel especial de seguridade a Tailandia, en 1970.[3]
A década de 1980 veu marcada polo establecemento dunha nova planta de papel e un notable crecemento en instalacións e en tecnoloxía para a fabricación tanto de moedas e billetes como doutros produtos, como tarxetas identificativas. Nestes anos inaugurouse tamén o Museo do Diñeiro.[3]
A diversificación dos produtos elaborados por KOMSCO intensificouse nas décadas seguintes, do mesmo xeito que a internacionalización do seu ámbito de operacións, que se viu reforzada coa organización da XI Conferencia de Impresores de Billetes do Pacífico e coa sinatura de contratos para a fabricación de moeda doutros países como Israel, a India, Tailandia ou a Arxentina, e de billetes para Indonesia e Vietnam.[3][4]
Produtos
editar- Billetes en circulación en Corea do Sur e noutros países.[4][5]
- Moedas circulantes e de colección de Corea do Sur e doutros países.[4][6]
- Medallas e fichas para entidades públicas e privadas de todo o mundo.[7][8][9]
- Lingotes de ouro e de prata certificados para investimento.[10]
- Condecoracións.[11]
- Pasaportes e tarxetas de identificación.[12]
- Papeis especiais e de seguridade.[13]
Galería de produtos de KOMSCO
editar-
Moeda conmemorativa de 100 won.
-
Pasaporte surcoreano.
-
Documento de identidade surcoreano.
Museo do Diñeiro de Corea (KOMSCO)
editarO Museo do Diñeiro de Corea (Currency Museum of Korea), establecido en 1988, é a única institución museística dedicada en exclusiva ao diñeiro en todo o país. O museo depende de KOMSCO como unha parte dos seus servizos públicos sen ánimo de lucro e a súa visita é gratuíta. A súa colección abrangue arredor de 120.000 pezas, entre as que hai moedas e billetes en circulación tanto coreanos como do resto do mundo; moedas coreanas desde as dinastías Goryeo (918-1392) e Joseon (1392-1897) ata a actualidade, pezas conmemorativas, formas alternativas de diñeiro, selos de correos e outros obxectos. O museo estrutúrase en catro salas de exposición:[14]
- Sala 1: moeda antiga. Amósase unha selección de moedas das antigas dinastías coreanas. Nesta sala é de salientar un exemplar do Gunwon Jung, de 996, a primeira moeda emitida na historia de Corea.[15] Noutras vitrinas desta sala expóñense exemplares de moedas moi variadas, desde as conmemorativas de Xogos Olímpicos pasados e moedas especiais, ata moedas da antiga Lidia de ca. 670 a. de C.[14]
- Sala 2: billetes. Nesta sala hai unha gran variedade de billetes cunha detallada información do seu proceso de produción.[14]
- Sala 3: falsificación. Amósanse aquí exemplares de moedas e billetes falsos, así como as medidas que as autoridades toman para a súa detección.[14]
- Sala 4: moeda actual. Moedas en circulación de arredor de 120 estados de todo o mundo, ademais de selos de correos e medallas.[14]
Notas
editar- ↑ "Korea Minting & Security Printing Corporation", Company-listing.org
- ↑ "Korea Minting and Security Printing Corporation (KOMSCO) Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Bundesamt für Sicherheit in der Informationstechnik.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "History". No sitio web de KOMSCO.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "S. Korea Makes Money by Making Mone y". En VOA News. 17 de xullo de 2012.
- ↑ "Banknote". Sitio web de KOMSCO.
- ↑ "Coinage". Sitio web de KOMSCO.
- ↑ "Korea Minting and Security Printing Corporation trabaja para crear medallas conmemorativas de BTS Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Btsspain.es
- ↑ "Korea Minting and Security Printing Corporation to Craft Chips for Seoul Casino". Mostly Economics.
- ↑ "EXO to be the first idol to have a medal minted by the Korea Minting and Security Printing Corporation". Allkpop.com
- ↑ "Gold Bar & Silver Bar". Sitio web de KOMSCO.
- ↑ "Orders of Merit". Sitio web de KOMSCO.
- ↑ "Passport" e "ID cards". Sitio web de KOMSCO.
- ↑ "Cotton Pulp". Sitio web de KOMSCO.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 "Currency Museum of Korea". Korea Tourism Organization.
- ↑ "Gunwon Jung". Educalingo.com