Campionato do Mundo de Baloncesto

(Redirección desde «Mundial de Baloncesto»)

A Copa do Mundo de Baloncesto da FIBA, tamén coñecido como Mundial de Baloncesto da FIBA ou simplemente Mundial de Baloncesto, coñecida entre os anos 1950 e 2010 coma Campionato do Mundo da FIBA, é un torneo internacional de baloncesto organizado pola Fédération Internationale de Basket-ball — FIBA. O torneo tivo lugar cada catro anos dende 1950, agás en dúas ocasións.

Modelo:Competición deportivaCampionato do Mundo de Baloncesto
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocompetição de basquetebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional de Baloncesto Editar o valor en Wikidata
Número de participantes32 (2019) Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Area de operaciónmundial Editar o valor en Wikidata
Vixencia1950 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia4 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfiba.basketball Editar o valor en Wikidata
Facebook: FIBAWC Twitter: FIBAWC Instagram: fibawc Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
Mapa do mundo co número de ocasións nas que un país foi sede dunha Copa do Mundo. Azul escuro: dúas veces; azul claro: unha vez.

A Copa do Mundo de Baloncesto da FIBA foi creada nun Congreso Mundial da FIBA nos Xogos Olímpicos de 1948 en Londres.[1] O secretario xeral da FIBA Renato William Jones instou á FIBA a formar un Campionato do Mundo similar á Copa do Mundo de Fútbol, que tivera lugar cada catro anos entre Olimpíadas. O Congreso da FIBA, vindo o éxito que tivo o torneo olímpico con 23 equipos daquel ano, aceptou a proposta. O torneo comezou en 1950 na Arxentina, e foi precisamente a selección anfitrioa a que se proclamou gañadora.

Os primeiros cinco torneos tiveron lugar en América do Sur, e os equipos americanos dominaron o torneo, gañando oito de nove medallas nos tres primeiros campionatos. Polo ano 1963, equipos do Leste (a Unión Soviética) e o Sueste de Europa (Iugoslavia) comezaron a alcanzar ás seleccións americanas. Entre 1963 e 1990, o torneo foi dominado polas seleccións de Estados Unidos, a Unión Soviética, Iugoslavia e Brasil, quen entre todas conseguiron todas as medallas neses anos.

O Campionato do Mundo da FIBA de 1994 marcou o comezo dunha nova era, xa que participaron por primeira vez xogadores da National Basketball Association (NBA), e a Unión Soviética e Iugoslavia dividíronse en novos estados. Ese ano foi dominado polos Estados Unidos, mentres que Rusia e Croacia, antigos estados da URSS e Iugoslavia anteriormente, gañaron a prata e o bronce respectivamente. O Campionato de 1998 perdeu brillo xa que debido ó lockout da NBA da tempada 1998-99, os xogadores da NBA non puideron participar no torneo. Iugoslavia gañou a medalla de ouro por diante de Rusia, e uns Estados Unidos que xogaron con xogadores afeccionados.

En 2002, outras seleccións alcanzaron ós países que dominaban ata o momento. Iugoslavia, liderada por Peja Stojakovic dos Sacramento Kings e Dejan Bodiroga do FC Barcelona, gañou a final ante Arxentina, mentres que Alemaña, liderada polo xogador máis valorado do torneo, Dirk Nowitzki, conseguiu o bronce. Mentres tanto, a selección estadounidense, chea de xogadores da NBA, fracasou ó conseguir tan só o sexto posto. Esta nova era convenceu á FIBA para expandir o número de equipos a 24 para as edicións de 2006, 2010 e 2014.

En 2006, a emerxente España gañou a Grecia, na que foi a primeira participación nunha final para ambas seleccións. España converteuse na sétima selección en conseguir a medalla de ouro. Os Estados Unidos conseguiron a medalla de bronce tras derrotar a Arxentina no partido polo terceiro posto. En 2010, os Estados Unidos derrotaron na final a Turquía, conseguindo o seu primeiro ouro en 16 anos, mentres que Lituania conseguiu o bronce ó derrotar a Serbia.

Tras a edición de 2014, a FIBA ampliará o número de equipos de 24 a 32. Ademais, por primeira vez dende 1967, o torneo non se disputará no mesmo ano que a Copa do Mundo de Fútbol. Para facer posible este cambio, a Copa do Mundo de 2014 será seguida pola edición de 2019.

Símbolos

editar

Trofeo Naismith

editar
Artigo principal: Copa Naismith.

Dende 1967, o campión de cada torneo é galardoado co Trofeo Naismith, chamado así polo inventor do baloncesto James Naismith. O trofeo estivo planeado dende o primeiro Campionato do Mundo en 1950, pero non se levou a cabo ata 1965. O trofeo orixinal usouse dende 1967 ata 1994, e foi substituído na edición 1998 por un novo trofeo.[2] O trofeo orixinal atópase na Fundación Pedro Ferrándiz, en España.[3]

Formato

editar

Dende o ano 2006 participan 24 equipos no torneo, divididos en catro grupos con seis equipos cada un.[4] En caso de empate entre varios equipos, o desempate faise da seguinte forma:

  1. Resultados dos partidos entre os equipos empatados
  2. Diferenza de puntos nos partidos entre os equipos empatados
  3. Diferenza de puntos total dos equipos empatados
  4. Sorteo

Os catro primeiros clasificados de cada grupo (16 equipos en total) acceden á rolda final, unha fase de eliminación rápida. Esta fase comeza cos oitavos de final, seguidos por cuartos de final, semifinais de final. Os perdedores das semifinais disputan o partido pola medalla de bronce, mentres que os gañadores disputan a final para loitar pola medalla de ouro.

Mundiais

editar
Ano Sede
(Fase/partido final)
Final Disputa da medalla de bronce
Vencedor Marcador Subcampión 3º lugar Marcador 4º lugar
1950
Detalles
  Arxentina (Buenos Aires)   Arxentina 64 – 50   Estados Unidos   Chile 51 – 40   Brasil
1954
Detalles
  Brasil
(Río de Xaneiro)
  Estados Unidos 62 – 41   Brasil   Filipinas 66 – 60   Francia
1959
Detalles
  Chile (Santiago)   Brasil 81 – 67   Estados Unidos   Chile 86 – 85
Prórroga
  Taiwán
1963
Detalles
  Brasil
(Río de Xaneiro)
  Brasil 90 – 71   Iugoslavia   Unión Soviética 69 – 67   Estados Unidos
1967
Detalles
  Uruguai (Montevideo)   Unión Soviética 71 – 59   Iugoslavia   Brasil 80 – 71   Estados Unidos
1970
Detalles
  Iugoslavia (Ljubljana)   Iugoslavia 80 – 55   Brasil   Unión Soviética 62 – 58   Italia
1974
Detalles
  Porto Rico (San Xoán)   Unión Soviética 82 – 79   Iugoslavia   Estados Unidos 83 – 70   Cuba
1978
Detalles
  Filipinas (Manila)   Iugoslavia 82 – 81
Prórroga
  Unión Soviética   Brasil 86 – 85   Italia
1982
Detalles
  Colombia (Cali)   Unión Soviética 95 – 94   Estados Unidos   Iugoslavia 119 – 117   España
1986
Detalles
  España (Madrid)   Estados Unidos 87 – 85   Unión Soviética   Iugoslavia 117 – 91   Brasil
1990
Detalles
  Arxentina (Buenos Aires)   Iugoslavia 92 – 75   Unión Soviética   Estados Unidos 107 – 105
Prórroga
  Porto Rico
1994
Detalles
  Canadá (Toronto)   Estados Unidos 137 – 91   Rusia   Croacia 78 – 60   Grecia
1998
Detalles
  Grecia (Atenas)   Iugoslavia 64 – 62   Rusia   Estados Unidos 84 – 61   Grecia
2002
Detalles
  Estados Unidos (Indianapolis)   Iugoslavia 84 – 77
Prórroga
  Arxentina   Alemaña 117 – 94   Nova Zelandia
2006
Detalles
  Xapón (Saitama)   España 70 – 47   Grecia   Estados Unidos 96 – 81   Arxentina
2010
Detalles
  Turquía (Istambul)   Estados Unidos 81 – 64   Turquía   Lituania 99 – 88   Serbia
2014
Detalles
  España (Madrid)   Estados Unidos 129 – 92   Serbia   Francia 95 – 93   Lituania
2019
Detalles
  China (Pequín)   España 95 - 75   Arxentina   Francia 67 – 59   Australia
2023
Detalles
  1. "FIBA World Championship History (pdf)" (PDF). FIBA. 1 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2011. Consultado o 7 de setembro de 2010. 
  2. "Naismith Trophy Unites Five Continents". FIBA.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2010. Consultado o 7 de setembro de 2010. 
  3. "Ancient Egypt in basketball". egyptology.blogspot.com. 17 de xaneiro de 2006. Consultado o 8 de setembro de 2010. 
  4. "System of Competition". FIBA.com. FIBA. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2014. Consultado o 2010-09-07. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar