Movimiento Nacional

agrupación social e política de soporte ao franquismo

O Movimiento Nacional, tamén coñecido simplemente como Movimiento, é o nome que recibiu durante o franquismo o mecanismo político que pretendía ser a única canle de participación na vida política española.

O xugo e as frechas inclúense no logotipo do Instituto Nacional da Vivenda, identificativa dun edificio de vivendas de protección oficial. Os emblemas falanxistas dominaban entre o aparato de lemas, uniformes e símbolos de todo tipo que utilizaban as distintas organizacións do Movimiento. Procurábase a súa omnipresencia, sobre todo para a apropiación simbólica de calquera tipo de lugar ou actividade, público ou privado. Estas ían desde o crédito sindical ao que se acollían os filmes até o folclore e os bailes rexionais

Respondía a un concepto de sociedade corporativa na que unicamente debían expresarse as chamadas entidades naturais: familia, municipio e sindicato.

O Movimiento Nacional é a comuñón dos españois nos ideais que deron vida á Cruzada e constitúen o Movimiento social e político desa integración.

A orixe do termo sitúase nos primeiros anos do réxime franquista. Co cambio de rumbo da Segunda Guerra Mundial, Franco empezouse a distanciar das potencias fascistas. En setembro de 1943 deu ordes para que en diante, desde os medios oficiais, se referisen á Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS) como un «movimiento» e non como un partido.[2] Polo tanto, pasou a denominarse de forma xenérica «Movimiento Nacional» ao conxunto de organismos e mecanismos que compuñan o réxime franquista.

Composición

editar

O Movimiento compúñase esencialmente de:

En abril de 1937, e respondendo as necesidades históricas da Cruzada de Liberación Nacional, configurouse unha entidade política na que quedaron integradas as forzas que coadxuvaron ao alzamento do 18 de xullo.
  • A organización sindical ou Sindicato Vertical, conxunto único de organizacións corporativistas que agrupaban tanto empresarios como traballadores, a existencia de cuxos intereses particulares pretendía negar.
  • Todos os cargos públicos do Estado, as deputacións provinciais ou os municipios, fosen funcionarios de carreira ou cargos de libre designación —incluídos os profesores universitarios ou os membros das Reais Academias— tiñan que xurar fidelidade aos Principios recolleitos na Lei de Principios do Movemento Nacional, en teoría inmutábeis.
  • Múltiples organismos de encadramiento social que pretendían facerse omnipresentes na vida pública e privada. Entre eles atopábanse a Frente de Juventudes (que abranguía as Frechas e os Pelayos, nenos e adolescentes, respectivamente), a Sección Femenina (cunha sección de Coros e Danzas para rescatar o folclore e amenizar as «demostracións sindicais», e un programa de Servizo Social, requisito obrigatorio para as mulleres que quixesen facer unha carreira universitaria), o Auxilio Social (que organizaba a repartición de alimentos, a asistencia a orfos, etc.) e Educación y Descanso.

A cúspide sería o propio Franco como xefe nacional do Movimiento, secundado por un membro do goberno, o ministro-secretario xeral do Movemento. Os membros máis destacados eran os conselleiros nacionais do MN. Reuníanse periodicamente nunha asemblea denominada Consello Nacional do Movemento que ocupaba o Palacio do Senado e xunto ás Cortes Españolas outorgaba unha aparencia de sistema parlamentario bicameral. A rede difundíase cara abaixo por todas as institucións e chegaba até os alcaldes, que actuaban como xefes locais do MN.

Os personaxes que se identificaban especialmente coa ideoloxía ou a organización do MN eran denominados coloquialmente falanxistas ou azuis (pola cor da camisa do uniforme, do mesmo xeito que os fascistas de Mussolini eran camisas negras e os nazis das SA, camisas pardas). Existía, ademais, unha división informal. Por unha bada estaban os camisas vellas, afiliados á Falanxe primitiva de José Antonio Primo de Rivera antes do 18 de xullo de 1936 ou, mellor aínda, antes das eleccións de febreiro dese ano, cando eran activistas minoritarios pouco respectados pola dereita. Pola súa parte, os camisas novas eran considerados polos outros como sospeitosos de arribismo, oportunismo ou calquera outro motivo interesado para a súa incorporación. Ás veces o motivo era simplemente a xeografía, que os puxo na denominada «zona nacional» ao comezo da guerra. Tamén se lles chamaba nacionais xeográficos, así como había roxos xeográficos.

Dentro do réxime franquista, malia estar prohibida calquera organización política fóra do MN, todos eran conscientes da agrupación de personaxes públicos e grupos de presión ao redor do que se denominaron «familias do franquismo», que abarcaban aproximadamente catro correntes políticas derivadas dos partidos que se integraron ao MN:

Aínda que non eran agrupacións políticas, tamén se chegou a considerar como familias aos militares (próximos ao propio Franco, entre os que estaban os chamados africanistas) e os tecnócratas (funcionarios provenientes do Opus Dei).

A clave da supervivencia do franquismo foi para moitos a habilidade de Franco para manter a unidade dun conxunto tan heteroxéneo (unido polo interese común de manter o propio Franco no poder). Repartiu entre eles as responsabilidades do goberno e achegouse sucesivamente a uns e a outros, sen comprometerse nunca en exceso. A relativa pluralidade dentro do franquismo levou a algúns autores (Juan José Linz) a definilo como un sistema autoritario no canto de totalitario.

Nos últimos anos do franquismo o inicio da transición política era visíbel, e Carlos Arias Navarro chegou a propor unha Lei de Asociacións Políticas que autorizase as que respectasen os principios do MN. A férrea oposición a toda apertura agrupou os elementos máis reaccionarios baixo o nome de búnker. De entre as filas dos azuis saíron tamén os que levaron a cabo a Reforma, encabezados por Adolfo Suárez (quen foi Ministro Secretario Xeral do Movemento no primeiro goberno da monarquía) e secundados polos deputados en Cortes, que votaron a Lei para a Reforma Política no que se denominou o seu suicidio político.

Represión e ocupación do Estado

editar

As distintas organizacións vinculadas ao MN participaron activamente no labor represor durante a guerra civil e os anos inmediatamente posteriores. Fiixérono, entre outros, a través dos servizos de información de Falanxe ou mediante os informes e certificados de boa conduta ou adhesión ao Movimiento Nacional que debían emitir as autoridades locais, municipais e mesmo eclesiásticas como os párrocos. Todo o aparello do MN proporcionou datos que resultaron fundamentais para o encarceramento ou a desaparición física de opositores ao Alzamento e ao MN. As organizacións tamén participaron na formación de Comisións Depuradoras que tiñan entre os seus obxectivos separar do servizo aos funcionarios do antigo Estado Republicano que se mostraron desafectos ao novo Estado Nacional franquista. En particular os seus informes foron especialmente valiosos para poder proceder á depuración do maxisterio. Desde o persoal subalterno e intermedio das administracións públicas até os cargos directivos —incluso certa cantidade de prazas do profesorado universitario, libres por consecuencia da guerra e o exilio— foron ocupados por persoas vinculadas ao Movimiento. Nalgúns casos realizáronse «oposicións patrióticas» ás que os aspirantes, e ás veces o propio tribunal, acudían uniformados. Tiñan en conta de xeito explícito os méritos políticos ou o heroísmo demostrado fronte o dos seus posíbeis competidores.

A represión franquista foise facendo máis sutil ao longo dos anos posteriores conforme o réxime evolucionaba cara ao que se denominou «aperturismo». Porén, nunca deixou de estar presente e conseguiu facerse ubicuo e interiorizado pola sociedade no que se denominou «franquismo sociolóxico».

Nos últimos anos do franquismo, a facción máis involucionista, o denominado búnker, pretendía o mantemento sen concesións do MN na súa esencia máis pura. Afastouse paulatinamente do poder efectivo, pero mantiña presenza nos medios de comunicación (<i>El Alcázar</i>) e nalgunhas institucións, como a Hermandad de Excombatientes e unha parte dos procuradores nas Cortes. Tamén se mantiña nalgúns bispos como José Guerra Campos, Secretario Xeral do Episcopado Español (1964-1972) e desde entón minoritarios na Conferencia Episcopal dominada polo aperturista Vicente Enrique y Tarancón. O búnker foi derivando a posturas radicais, que chegaron mesmo á aparición dun terrorismo de Estado por medio de grupos como os Guerrilleros de Cristo Rey. Estes grupos caracterizáronse por accións violentas de maior ou menor envergadura contra moi distintos obxectivos, non só políticos, senón tamén sociais identificados coa oposición ao franquismo, como locais sindicais ou librarías.

Ver tamén

editar
  1. Torcuato Fernández-Miranda, El Movimiento como fundamento doctrinal y la organización política del régimen español, en El hombre y la sociedad, páxina 162.
  2. Payne, Stanley G. (1999). Fascism in Spain, 1923–1977 (en inglés). Madison: University of Wisconsin Press. p. 322. ISBN 9780299165635. 
  3. Organización política y administrativa, en España, 1962, Ministerio de Información y Turismo (con motivo de las celebraciones de los XXV Años de Paz), páxina 82.

Bibliografía

editar