Mocidade Nacionalista Galega

organización nacionalista galega
Mocidade Nacionalista Galega
Logo de MNG.
Organización política Mocidade Nacionalista Galega
Ano fundación 2009
Ideoloxía Nacionalismo galego, Galeguismo, Progresismo, Socialdemocracia, Europeísmo, Republicanismo, socioliberalismo, Altermundismo, Pacifismo, Feminismo.
Ámbito Galiza
Secretaría xeral Angel Sánchez Tallón
Resp. da organización Paula Carballo Blanco
Textos Textos a debate[1]
Páxina web http://mocidadenacionalistagalega.org/ Arquivado 29 de agosto de 2011 en Wayback Machine.

A Mocidade Nacionalista Galega (MNG), constituída o 13 de novembro de 2010[2] na cidade de Santiago de Compostela como o referente xuvenil de Máis Galiza, é unha organización xuvenil que estivo integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego) ata o 10 de marzo de 2012[3]. Na actualidade é o referente xuvenil de Compromiso por Galicia.

Como organización política da mocidade galega, a MNG defende o dereito de Galiza a definirse e decidir o seu futuro libre e soberanamente co fin de acadar a súa autodeterminación.[Cómpre referencia]

A Mocidade Nacionalista Galega é herdeira política directa da Mocidade Socialista Galega e da súa política de ampliación de horizontes políticos encarnada na plataforma 'Entre tod@s, Galiza Nova'[4] destinada á XI Asemblea Nacional das mocidades do BNG e no proceso 'Máis Mocidade'[5] que derivou na fundación da propia MNG. A Mocidade Socialista Galega autodisolveuse o propio día 13 de novembro na MNG[Cómpre referencia].

Ideoloxía editar

A MNG é unha organización política xuvenil progresista, cun carácter socialdemócrata e republicano. Os seus principios ideolóxicos básicos son o nacionalismo cívico galego, a socialdemocracia, a autodeterminación cara a consecución dun Estado propio, o republicanismo e a democracia participativa, o europeísmo (a Europa dos pobos), a defensa da lingua galega, ecoloxismo, laicismo e feminismo, entre outros.

Organización editar

Consello Político Nacional editar

O Consello Político Nacional é o máximo órgano decisorio entre Asembleas Nacionais , formado por 12 persoas escollidas na Asemblea Nacional mediante listas abertas, a persoa que ostente a Secretaría Xeral e os representantes das comarcas.[6] Ten forte presenza no ámbito universitario onde parte da súa militancia promove a constitución do Movemento Estudantil Universitario (MEU), mentres que outras persoas participan na ruptura dos Comités Abertos de Facultade e forman parte da Liga Estudantil Universitaria.

Executiva Nacional editar

A Executiva Nacional é o órgano que ostenta a dirección e xestión diaria da organización. Está composta por 6 persoas, escollidas de entre os membros electos do Consello Político Nacional, e a persoa que sotente a Secretaría Xeral. Esta executiva é ratificada pola afiliación da organización na Asemblea Nacional.

A Executiva Nacional actual, escollida na II Asemblea Nacional celebrada en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 2014, está conformada do seguinte xeito:

  • Secretaría Xeral: Ángel Sánchez Tallón
  • Secretaría de Organización: Paula Carballo Blanco
  • Secretaría de Finanzas: Rocío López Pacio
  • Secretaría de Relacións Internacionais: Estevo Sánchez Gálvez
  • Secretaría de Comunicación: Alexandre Fernández
  • Secretaría de Igualdade: Antía Rodríguez Neira
  • Secretaría de Formación: Alberte Villamarín Rodríguez

Galiza Nova editar

Ata marzo de 2012 a Mocidade Nacionalista Galega participou en Galiza Nova, xuventudes do BNG. Ostentou internamente a representación obtida na XI Asemblea Nacional, celebrada o 24 e 25 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela, pola Plataforma Entre tod@s, Galiza Nova[7][8], encabezada por Ínhigo Ansotegui e acadando o 20% dos votos e cinco membros na Dirección Nacional e dous na Comisión Permanente[9] que ostentan as responsabilidades de Institucional e Asociacionismo. A súa proposta política foi a de acadar unha Galiza Nova máis combativa, plural e operativa, baixo a premisa de apertura do nacionalismo galego á sociedade.

En Compromiso por Galicia editar

A partir da I Asemblea Nacional recoñece como único referente político e ideolóxico a Compromiso por Galicia, e ós seus principios de socialdemocracia, progresismo, galeguismo e reformismo.

Coa formación de CxG Balbina Gándara Antelo foi elixida secretaria xeral dimitindo un ano despois. Neste período numerosos membros das Xuventudes Socialistas de Galicia, xuventudes do PSdeG téñense sumado a MNG, ó igual que outros mozos independentes e galeguistas.

Logo da dimisión de Balbina Gándara, o secretario xeral é Pablo Tortajada Bermúdez antigo secretario de organización.

Neste novo período a MNG rompeu cos principios defendidos por Galiza Nova, sobre o comunismo e independentismo e preferiu relacionarse con Euzco Gaztedi Indarra (EGI), mocidades do PNV e a Joventut Nacionalista de Catalunya (JNC), mocidades de Convergència Democrática de Catalunya, dunha sensibilidade máis centrista e moderada, participando por exemplo no EGI eguna. Tamén mantén estreitas relacións con Iratzarri, escisión de Aralar.

Actividades editar

A MNG trata de incidir no debate público non só participando da actividade de Galiza Nova e o BNG, senón con actividade e posicionamentos políticos propios.

Alén de participar con comitiva propia na manifestación nacional do Día da Patria e de xestionar un posto no Festigal, a MNG continuou desenvolvendo as Xornadas da Mocidade Galega que iniciara a MSG, realizándoas en dous ámbitos diferentes, a Universidade de Santiago de Compostela e no concello ourensán de Castrelo de Miño[10]. Nelas, baixo o título 'A nación 2.0', reflexionouse sobre a construción nacional no século XXI dando voz e presenza ao máis representativo do mundo social de Galicia con grande eco dos medios[11]. Tamén desenvolveu campañas referentes á cuestión sexo-afectiva, tanto no eido da educación sexual con actividades como 'Luces, cámaras... sexo!'[12] coma na defensa da pluralidade de opcións[13]. Tamén desenvolveu accións para reivindicar a normalización dos equipos deportivos nacionais coa campaña 'Mételle un gol a Feijoo'[14]. Entre as súas actividades, tamén están as de formación, coma 'Tempos de Traballo'[15] ou a participación nun debate coas mocidades do Partido Popular[16].

A Mocidade Nacionalista Galega fai parte, así mesmo, da Plataforma contra a Lei de Augas sendo a única organización do ámbito BNG que deu ese paso[17].

Ademais, a MNG ten feito numerosos posicionamentos públicos sobre diversas temáticas decidida a incidir no debate político. Neles, ten apostado pola renovación doutrinal do nacionalismo[18], a defensa da cultura galega[19], o apoio ao pobo palestino[20] ou en favor dunha converxencia de esquerdas nas eleccións ao Senado[21].

Referentes internacionais editar

Entre os seus referentes estatais e internacionais están as Joventuts Nacionalista de Catalunya, organización ligada a Converxencia Democrática de Cataluña, Euzko Gaztedi Indarra, xuventudes do Partido Nacionalista Vasco (PNV)e a Jóvenes Nacionalistas Canarios de Coalición Canaria. Partidos cos que Compromiso por Galicia compartiu candidatura en Coalición por Europa.

Notas editar

  1. "Textos a debate na Asemblea Nacional Constituínte". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2011. Consultado o 05 de setembro de 2011. 
  2. "A MNG nace coa idea de ser a vangarda de Máis Galiza", 20 minutos (en castelán).
  3. "A Mocidade Nacionalista Galega decide abandonar Galiza Nova", Praza Pública, 10 de marzo de 2012.
  4. "Entre tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011. 
  5. "O proceso Máis Mocidade culminará o día 13 de novembro cunha Asemblea Nacional constituínte". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011. 
  6. Candidatura única à Executiva Nacional da MNG[Ligazón morta]
  7. "Páxina web da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011. 
  8. Posición política da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova
  9. "Resultados da Plataforma da XI Asemblea Nacional de Galiza Nova". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de setembro de 2011. 
  10. "En marcha as xornadas 2.0 da Mocidade Nacionalista Galega", Código Cero.
  11. "Beiras dice que "los terroristas más peligrosos están en el poder: Rajoy, Rouco, Rubalcaba..."", Público.
  12. A Mocidade Nacionalista Galega fala de sexo o mércores 16 en Compostela[Ligazón morta].
  13. Cadaquen ao seu xeito Arquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine..
  14. A Mocidade Nacionalista Galega inicia a campaña 'Mételle un gol a Feijoo'[Ligazón morta].
  15. A MNG organiza en Compostela a xornada de formación 'Tempos de Traballo'[Ligazón morta].
  16. A Mocidade Nacionalista Galega e Novas Xeracións debaten este luns[Ligazón morta].
  17. A manifestación nacional contra a lei de augas de Galiza[Ligazón morta].
  18. A Mocidade Nacionalista Galega é crítica coa postura de Galiza Nova de homenaxear a Pardo de Cela[Ligazón morta].
  19. A Mocidade Nacionalista Galega lanza un manifesto polo Día das Letras Galegas 2011 Arquivado 15 de novembro de 2011 en Wayback Machine..
  20. A MNG apoia a flotilla da liberdade[Ligazón morta].
  21. A Mocidade Nacionalista Galega apoia unha candidatura "galega e de esquerdas" para o Senado Arquivado 14 de novembro de 2011 en Wayback Machine..