Mary Therese Winifred Robinson (de solteira, Bourke; en irlandés: Máire Bean Mhic Róibín[1]), nada en Ballina o 21 de maio de 1944 é unha política e avogada irlandesa. En 1990 foi elixida Presidenta da República de Irlanda, a primeira muller que accedía á Xefatura do Estado nese país e a primeira presidenta que non tivo o apoio do Fianna Fáil.[2]

Infotaula de personaMary Robinson

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ga) Máire Mhic Róibín Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Therese Winifred Bourke Editar o valor em Wikidata
21 de maio de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Ballina, Irlanda Editar o valor em Wikidata
United Nations High Commissioner for Human Rights (en) Traducir
12 de setembro de 1997 – 12 de setembro de 2002
← José Ayala Lasso (en) TraducirSérgio Vieira de Mello →
Presidente de Irlanda
3 de decembro de 1990 – 12 de setembro de 1997
← Patrick HilleryMary McAleese →
Senador da Irlanda (pt) Traducir
25 de abril de 1987 – 5 de xullo de 1989
Lexislatura: 18th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: University of Dublin (en) Traducir
Senador da Irlanda (pt) Traducir
23 de febreiro de 1983 – 3 de abril de 1987
Lexislatura: 17th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: University of Dublin (en) Traducir
Senador da Irlanda (pt) Traducir
13 de maio de 1982 – 21 de decembro de 1982
Lexislatura: 16th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: University of Dublin (en) Traducir
Senador da Irlanda (pt) Traducir
8 de outubro de 1981 – 16 de abril de 1982
Lexislatura: 15th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: University of Dublin (en) Traducir
Senador da Irlanda (pt) Traducir
27 de outubro de 1977 – 16 de xullo de 1981
Lexislatura: 14th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: University of Dublin (en) Traducir
Senador da Irlanda (pt) Traducir
1 de xuño de 1973 – 22 de xuño de 1977
Lexislatura: 13th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: University of Dublin (en) Traducir
Senador da Irlanda (pt) Traducir
5 de novembro de 1969 – 30 de abril de 1973
Lexislatura: 12th Seanad (en) Traducir

Circunscrición electoral: University of Dublin (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaZürich
Irlanda Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College Dublín
Universidade de Columbia
Harvard Law School (pt) Traducir
Mount Anville Secondary School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , profesora universitaria , xurista , Barrister Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia
Universidade de Pretória (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua irlandesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNicholas Robinson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

TED: mary_robinson Discogs: 1868905 WikiTree: Bourke-344 Editar o valor em Wikidata
Mary Robinson, na Conferencia de Amnistía Internacional sobre Irlanda, Silver Springs Hotel, Cork, condado de Cork, febreiro de 1996.

Traxectoria editar

Naceu no condado de Mayo en 1944, filla de dous médicos irlandeses.[3] Estudou no colexio Colegio Mount Anville de Dublín e licenciouse en dereito polo Trinity College de Dublín. Continuou a súa formación no King´s Inns, Dublín e despois na Universidade Harvard. En 1969 foi nomeada Reid Professor of Law polo Trinity College onde estudara[4] Crítica con algunhas ensinanzas da Igrexa Católica, deu un discurso de aceptación no que pedía unha revisión da lei, suprimíndose a prohibición do divorcio na constitución irlandesa, eliminando a prohibición do uso dos anticonceptivos e despenalizando a homosexualidade e o suicidio.[5]

En 1970, casou con Nicholas Robinson, co que mantiña unha relación dende que eran compañeiros en dereito.[6] O seu matrimonio cun protestante, causou desavinzas cos seus proxenitores, que non acudiron á voda. As desavinzas superáronas nos meses seguintes.[6]

En 1975 comezou a súa carreira profesional como avogada e iniciou a carreira política coa elección ao Dublin City Council entre 1979 e 1983. Con todo, xa fora coñecida por ser un dos tres membros Seanad Éireann escollidos pola Universidade de Dublín, como senadores independentes, en 1969.[7]

O 3 de decembro de 1995 foi elixida presidenta da República de Irlanda como independente, co apoio do Partido Laborista e o Partido dos Traballadores. Durante o seu mandato destacou a preocupación que mostrou polos irlandeses que, no transcurso dos anos, tiveran que marchar ao exterior para buscar traballo. Mellorou notablemente as relacións angloirlandesas, sendo a primeira Xefa de Estado irlandesa que visitaba a raíña Isabel II no Palacio de Buckingham. Foi tamén unha activa defensora dos dereitos humanos, e foi a primeira Xefa de Estado que visitou Haití tralo xenocidio. Estivo ademais en Marrocos en pleno período de crise en 1992 e apoio a creación do Tribunal Penal Internacional.

Ao finalizar a súa etapa presidencial, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, nomeouna Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos o 12 de setembro de 1998, ocupando o cargo ata 2005.

En 2006 foi elixida presidenta do programa Iniciativa para unha Globalización Ética, organización internacional encargada de facer presión aos gobernos que asinaron acordos internacionais sobre protección dos dereitos humanos para o seu cumprimento. Foi profesora da Universidade de Columbia e profesora extraordinaria da Universidade de Pretoria. En 2008 foi elixida presidenta da Comisión Internacional de Xuristas. Foi ademais presidenta do Club de Madrid, e membro de The Elders.

Premios e recoñecementos editar

Entre os recoñecementos recibidos durante a súa vida destacan, a nivel profesional, o premio da Facultade de Dereito de Harvard (1995) e diversas condecoracións das universidades de Londres, Coímbra, California e Salamanca. É doutora honoris causa por trinta e unha universidades de todo o mundo.

A nivel político e social recibiu o Colar Hussein Bin Ali de Xordania, o premio Liberdade da Fundación Max Schmidheiny de Suíza), o Premio Fomento da Paz Félix Houphouët-Boigny da UNESCO, o Premio Indira Gandhi pola Paz, o Desarme e o Desenvolvemento (2000), o de Embaixadora de Conciencia (2004) que outorga Amnistía Internacional e o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (2006) e a Medalla Presidencial da Liberdade (2009).[8]

Notas editar

  1. "Máire Mhic Róibín". www.president.ie. Consultado o 29 de decembro de 2008. 
  2. "Elections Ireland: Presidential Elections". ElectionsIreland.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2011. Consultado o 29 decembro de 2008. 
  3. "Mary Robinson". Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 17 de xaneiro de 2009. 
  4. "Europe | Mary Robinson: Human rights champion". BBC News. 18 de marzo de 2002. Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  5. Former Irish President Mary Robinson on Gay Rights, Sheryl Sandberg—and Pope Francis’s Future Vanity Fair, 15 de marzo de 2013
  6. 6,0 6,1 Horgan, John (1997). Mary Robinson: an Independent Voice. O'Brien Press. p. 33. ISBN 978-0-86278-540-6. 
  7. "Professor Mary Robinson". Oireachtas Members Database. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2009. 
  8. "President Obama Names Medal of Freedom Recipients; 16 Agents of Change to Receive Top Civilian Honor". White House. 30 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2009. Consultado o 12 de agosto de 2009. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Stephen Collins, Spring and the Labour Party (O'Brien Press, 1993) ISBN 0-86278-349-6
  • Eamon Delaney, An Accidental Diplomat: My Years in the Irish Foreign Service (1987–1995) (New Island Books, 2001) ISBN 1-902602-39-0
  • Garret FitzGerald, All in a Life (Gill and Macmillan, 1991) ISBN 0-7171-1600-X
  • Fergus Finlay, Mary Robinson: A President with a Purpose (O'Brien Press, 1991) ISBN 0-86278-257-0
  • Fergus Finlay. Snakes & Ladders (New Island Books, 1998) ISBN 1-874597-76-6
  • Jack Jones, In Your Opinion: Political and Social Trends in Ireland through the Eyes of the Electorate (Townhouse, 2001) ISBN 1-86059-149-3
  • Ray Kavanagh, The Rise and Fall of the Labour Party:1986-1999 (Blackwater Press 2001) ISBN 1-84131-528-1
  • Gabriel Kiely, Anne o'Donnell, Patricia Kennedy, Suzanne Quin (eds) Irish Social Policy in Context (University College Dublin Press, 1999) ISBN 1-900621-25-8
  • Brian Lenihan, For the Record (Blackwater Press, 1991) ISBN 0-86121-362-9
  • Mary McQuillan, Mary Robinson: A President in Progress (Gill and Macmillan, 1994) ISBN 0-7171-2251-4
  • Olivia O'Leary & Helen Burke, Mary Robinson: The Authorised Biography (Lir/Hodder & Stoughton, 1998) ISBN 0-340-71738-6
  • Michael O'Sullivan, Mary Robinson: The Life and Times of an Irish Liberal (Blackwater Press, 1993) ISBN 0-86121-448-X
  • Robinson, Mary (2013). Everybody Matters: My Life Giving Voice. Nova York: Walker Publishing Company. ISBN 978-0-8027-7964-9. 
  • Lorna Siggins, The Woman Who Took Power in the Park: Mary Robinson, President of Ireland, 1990-1997 (Mainstream Publishing, 1997) ISBN 1-85158-805-1
  • Torild Skard, "Mary Robinson", Women of Power - Half a century of female presidents and prime ministers worldwide(Bristol: Policy Press, 2014) ISBN 978-1-44731-578-0

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Presidenta de Irlanda

Segue a:
Patrick Hillery
Mary Robinson
Precede a:
Mary McAleese