O Condado de Mayo (en irlandés: Contae Maigh Eo) é un condado na costa oeste de Irlanda. Atópase na provincia de Connacht e a súa capital é Castlebar. No 2009 conta cunha poboación estimada en 126.000 persoas espalladas por 5.397 km². A illa máis grande de Irlanda, Achill (Acaill en irlandés) localízase na súa costa oeste. O punto máis alto de Mayo, e tamén de Connacht, é Mweelrea, con 814 m sobre o nivel do mar. O río máis coñecido do condado é Moy, no nordeste.

Condado de Mayo
Contae Mhaigh Eo
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País República de Irlanda
Provincia Connacht
Capital Castlebar
Superficie 5.397 km2
Poboación 117.428 (2002)
ISO 3166-2 MO
mayococo.ie
Cantís na costa do Condado de Mayo, preto de Ballycastle

O condado está situado na costa oeste de Irlanda, e limita, ao sur co condado de Galway, ao leste con Roscommon, e ao nordeste con Sligo. Castlebar e Ballina son as vilas que albergan maior poboación, con 10,729 e 10,146 habitantes respectivamente no 2006, tendo Ballina maior área territorial. As seguintes vilas segundo o número de habitantes son Westport, con 5,140 residentes e Claremorris, con 3,170 habitantes. Outras poboacións: Ballinrobe, Ballyhaunis, Belmullet, Swinford.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar