Manuel Vázquez Castro

xornalista e escritor galego

Manuel Vázquez Castro, coñecido como Manuel Barros,[1] nado na Trabanca (Padrón) o 1 de febreiro de 1844 e finado en Sevilla o 5 de xaneiro de 1885,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaManuel Vázquez Castro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1844 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1885 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou os estudos primarios en Padrón e comezou os secundarios no Instituto de Santiago de Compostela. Comezou a traballar na oficina do escribán José María Batalla San Miguel. En 1862, con 18 anos, embarcou en Vigo con destino a a Cuba onde se iniciou como xornalista nas publicacións La Voz de Cuba e Juan Palomo, onde se defendía a causa española, o que o levou a se alistar como voluntario.

Abandonou Cuba en marzo de 1871 con destino a Nova Orleáns, de onde pasou a Nova York, para asentarse en Newburgh, onde traballou como docente. En outubro de 1871 retornou a Galicia. En maio de 1872 emigrou novamente, desta volta a Buenos Aires, onde foi secretario de Carlos Casares, gobernador da provincia de Buenos Aires.[2] Tamén comezou a traballar en El Correo Español e fundou a Revista Galaica (que se podía considerar como o voceiro do Centro Galego de Buenos Aires).[2] Aos poucos, fundou e dirixiu La Nación Española, onde publicou "En las orillas del Sar", de Rosalía de Castro.

Participou en varias institucións como El Ateneo Español, a Beneficiencia Española, e sociedades recreativas.

Foi presidente do primeiro Centro Gallego de Buenos Aires, que se constituíu en 1879, pero desapareceu moi cedo por problemas entre os directivos, para ser refundado, de novo, en 1907.[2]

Obras editar

  • Ocios de un peregrino. Apuntes de viaje, 1875.

Vida persoal editar

Casou en Buenos Aires con Paula Florido Toledo (quen tras enviuvar casaría con José Lázaro Galdiano) e tivo unha filla póstuma.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Peppino (2011), p. 16
  2. 2,0 2,1 2,2 Peppino (2011), p. 17

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar