La Nación Española

La Nación Española foi un periódico editado en Buenos Aires en 1881 e 1883.

Traxectoria editar

Apareceu en 1881. Estaba dirixido por Manuel Vázquez Castro (Manuel Barros) e entre os seus colaboradores figurou Ramón García Vicetto. Incluíu "sueltos editoriales" extractados de diarios arxentinos acompañados de comentarios realizados polos redactores e directores do xornal. Publicou os poemas que Rosalía de Castro reuniu despois no libro En las orillas del Sar. Rematou a súa edición en 1883, cando se fusionou con El Correo Español.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar