Follas Novas (revista)

revista anual

Follas Novas, subtitulada Revista de Estudos Rosalianos, é un anuario dirixido por Xosé Luís Axeitos que botou a andar en 2016, editado pola Fundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía, de Padrón. A publicación, que leva o nome dun das principais obras de Rosalía de Castro, o poemario Follas novas, é continuadora doutra de periodicidade irregular, a Revista de Estudios Rosalianos, dirixida por Xesús Alonso Montero, da que saíran en total catro números (nos anos 2000, 2002, 2008 e 2011).

Follas Novas: Revista de Estudos Rosalianos
Sede centralPadrón
Lingualingua galega
Especialidadeliteratura
Fundación2016
Desenvolvemento
PublicadorFundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía
Circulación
Frecuenciaanual
ISSN2530-3813
OCLC982069779
https://follasnovas.rosalia.gal
editar datos en Wikidata ]

DescriciónEditar

O seu director é Xosé Luís Axeitos. O consello de redacción está formado por Anxo Angueira, Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Lydia Fontoira Surís e Pilar García Negro e compoñen o comité científico: Xosé Ramón Barreiro, Luís Cochón, Catherine Davies, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, María Xesús Lama, Aurora López, Kathleen March, Marina Mayoral, Xosé Luís Méndez Ferrín, Camiño Noia, Andrés Pociña, María do Cebreiro, Francisco Rodríguez Sánchez, Ana Rodríguez Fischer e Dolores Vilavedra.

NúmerosEditar

Número 1. Ano 2016Editar

Patrocinado polo concello de Rianxo, contén os seguintes artigos:

Número 2. Ano 2017Editar

Co patrocinio do concello de Padrón.

  • Xosé Luís Axeitos. "Manuel Barros, cronista de Padrón": 8–25. 
  • Manuel Ferreiro Fernández. "Amizade, conexión epistolar e redes socioliterarias: Rosalía, Pondal (e Murguía)": 26–49. 
  • Pilar García Negro. "Sobre o outro Códeo": 50–65. 
  • Xurxo Martínez. "Do xenio nacional ó criterio: algúns apuntamentos sobre a literatura galega no Rexurdimento": 66–95. 
  • Diego Rodríguez González. "A letra de Rosalía: bases para a súa identificación": 96–139. 
  • Francisco Rodríguez Sánchez. "Avances nos estudios rosalianos: silencios e reticencias": 140–163. 
  • Xosé Luís Axeitos. "Algunhas reflexións sobre o corpus epistolar da familia Murguía-Castro…": 166–185. 
  • Xoán Costa. "Recensión de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. Francisco Rodríguez. 2011": 188–191. 
  • Manuel Forcadela. "Recensión. O diálogo de María Xosé Queizán e Rosalía: María Xosé Queizán 2017": 192–196. 
  • Aurora López e Andrés Pociña. "As edicións de Rosalía de Castro na República Arxentina": 198–213. 
  • Marica Campo. "A sombra do meu asombro (Tetraloxía -1996-)": 216–222. 
  • Ánxela Lema París. "Rosalía de Castro con acento francés": 223–225. 
  • Carlos Rodríguez Dacal. "A Casa de Rosalía: horta da Paz e Xardín da Galeguidade": 228–237. 
  • "Caldo de gloria para o día de Rosalía": 238–239. 
  • "A reinauguración da casa de Rosalía de Castro": 240–242. 

Número 3. Ano 2018Editar

Patrocinado polo concello de Rois.

 
Carta inédita de Rosalía de Castro a José Villaamil.

Número 4. Ano 2019Editar

Co patrocinio do concello de Dodro.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar