Manuel Ballesteros Curiel

avogado e funcionario galego

Manuel María José Cándido Carlos Ballesteros Curiel, nado na Fonsagrada o 28 de xaneiro de 1864 e finado no Pino en setembro de 1932, foi un avogado e funcionario galego.

Infotaula de personaManuel Ballesteros Curiel
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1864 Editar o valor em Wikidata
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Mortesetembro de 1932 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
O Pino, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , funcionario Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJulio Ballesteros Curiel Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo primoxénito de Ramón Manuel María Ballesteros Gil. Herdou do seu pai a Casa de Sesto en Ribela (A Estrada).[1] Foi elixido tenente de alcalde da Estrada en 1899. Traballou como fiscal da Estrada de 1903 a 1907. Despois foi secretario de concello de Forcarei dende 1908.[2] En abril de 1922, pouco despois da toma de posesión da nova corporación presidida por Saturnino Monteagudo, foi suspendido como secretario, e abríronlle expediente acusando de roubo e destrución de documentación municipal.[3] O goberno civil resolveu o expediente en xullo, ordenando a reposición de Manuel Ballesteros como secretario. O alcalde Monteagudo vulveu suspendelo de emprego e soldo a finais de agosto, acusándoo de desobediencia.[4]

Foi nomeado subsecretario interino do Concello de Poio en febreiro de 1924.[5] Nomeado secretario de Antas de Ulla en decembro de 1925,[6] despois pasou a Boborás (1926),[7] Barro,[8] Lalín (1927-1929),[9] O Irixo (1932) e ese mesmo ano O Pino.[10] Finou no Pino en setembro de 1932.[11]

Colaborou co seu irmán Julio no libro Verbo de los arginas. Jerga-latín de los canteros, publicado en 1930.

  1. A Casa de Sesto
  2. El Diario de Pontevedra, 23-3-1908, p. 2.
  3. El Progreso, 18-4-1922, p. 2.
  4. Galicia, 1-9-1922, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 27-2-1924, p. 6.
  6. El Ideal Gallego, 11-12-1925, p. 1.
  7. El Ideal gallego, 19-2-1926, p. 4.
  8. El Progreso, 13-3-1926, p. 3.
  9. El Diario de Pontevedra, 13-8-1927, p. 3.
  10. Gaceta de Madrid, 14/07/1932, p. 347.
  11. Galicia, 27-9-1932, p. 6.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar