Saturnino Monteagudo

político galego

Saturnino Monteagudo, nado en Forcarei, foi un político galego.

Infotaula de personaSaturnino Monteagudo
Biografía
NacementoForcarei, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Forcarei
1922 – 1923 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Militante do PSOE. Candidato socialista ás eleccións municipais de 1922, foi elixido concelleiro e alcalde de Forcarei o 1 de abril de 1922 á fronte dunha colación de socialistas e agrarios.[1] Nese mesmo mes de abril a corporación suspendeu ao secretario, Manuel Ballesteros Curiel, abrídolle expediente acusando de roubo e destrución de documentación municipal.[2] O 19 de maio publicou un bando no que prohibía o xogo e a blasfemia, velaba pola liberdade de cultos e obrigaba a cumprir a lei do descanso dominical.[3] O goberno civil resolveu o expediente do secretario en xullo, ordenando a súa reposición. Saturnino Monteagudo vulveu suspendelo de emprego e soldo a finais de agosto, acusándoo de desobediencia.[4] Foi o único alcalde socialista do Estado español na Restauración.[5] Ao cabo de tres meses pasouse con parte dos seus correlixionarios ao bando de José Riestra López. Cesou como alcalde coa ditadura de Primo de Rivera.

  1. El Progreso, 7-4-1922, p. 2.
  2. El Progreso, 18-4-1922, p. 2.
  3. La Integridad, 9-6-1922, p. 1.
  4. Galicia, 1-9-1922, p. 2.
  5. "El municipio de Forcarey, conquistado por los socialistas", El Socialista, 13-4-1922, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
?
  
Alcalde de Forcarei
 
1922 - 1923
Sucesor:
?