Manifestación polo galego en maio de 2009

Fotografía da praza da Quintana ateigada de manifestantes antes do comezo dos discursos.

A manifestación polo galego acontecida en Compostela o 17 de maio de 2009 foi unha manifestación cívica en prol da lingua galega, de reivindicación dos seus dereitos e en contra da derrogación do decreto do galego no ensino, englobado dentro do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade en setembro de 2004, e que veu a ser un novo pulo á tarefa normalizadora da lingua do país, conxuntamente coa Lei de normalización lingüística que ampara administrativamente a lingua propia de Galiza, unha lei aprobada tamén por unanimidade en 1983, durante o mandato exercido polo PPdeG no máximo órgano de goberno galego, a Xunta de Galicia.

CaracterísticasEditar

A concentración, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, contou con máis de 20.000 sinaturas de particulares e máis de 570 asociacións adscritas para esta concentración cívica. Estimase que acudiron á capital galega co gallo da manifestación un total de arredor de 40.000 manifestantes[1], se ben outras fontes cifran o número total de asistentes en 50.000[2].

Diversos persoeiros dos máis variados ámbitos de Galiza deron o seu apoio a lingua, entre eles: Manuel Rivas, Carlos Blanco, Marilar Aleixandre, Margarita Ledo, Carlos Callón, Guillerme Vázquez, Antón Reixa, Mercedes Peón ou Francisco Jorquera.

A praza da Quintana compostelá encheuse dúas veces, polo que o discurso dos organizadores tivo que ser lido por partida dobre. Cómpre salientar a presenza no acto de Avelino Pousa Antelo, loitador de vello en prol da lingua galega que, conxuntamente con Teresa Moure, Iolanda Castaño, Nemésio Barxa e Brais Fernández, leu o manifesto, titulado Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego, no que foi esixida a "igualdade de dereitos para o galego" e se rexeitou a idea de dar pasos atrás en materia lingüística, o que foi denominado coma "unha volta ao tardofranquismo"[3].

Galería de imaxesEditar

Momentos previos á saída da manifestación, na Alameda. 
Dirixentes do BNG ao seu paso pola rúa da Senra 
Carlos Blanco na manifestación 

NotasEditar

  1. "Preto de 40.000 manifestantes en defensa da lingua de Galiza.". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2009. Consultado o 17 de maio de 2009. 
  2. "Unha manifestación histórica e multitudinaria.". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2009. Consultado o 17 de maio de 2009. 
  3. Derogar o decreto do galego é retroceder ao tardofranquismo.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar