Luís Manteiga

escritor galego
(Redirección desde «Luis Manteiga»)

Luís Manuel Antonio Manteiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 1903 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 1949, foi un escritor galego.

Modelo:BiografíaLuís Manteiga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1903 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1949 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1014380 BUSC: manteiga-luis-1910-1949

Traxectoria

editar
 
Luís Manteiga, Héctor Raurich e Luís Seoane en Compostela en 1930.[2]

Fillo dunha labrega solteira e dun cura. Estudou no Seminario, que abandonou aos 14 anos. Posuía unha ampla cultura e unha sólida formación literaria adquirida de xeito autodidacta. Era de esquerdas, progresista e simpatizante coa revolución soviética. Foi un gran amigo de Luís Seoane, que o pintou en 1931, e asesorou (xunto a Francisco Lamas) a Federico García Lorca cando compuxo o seu primeiro poema en galego. Foi director de Claridad desde a súa fundación até o 5 de maio de 1934, cando renunciou á dirección logo de pasar polo cárcere da Coruña de marzo a maio por delitos da opinión. Despois abandonou Compostela para instalarse en Ourense, onde recibiu axuda do grupo de Ramón Otero Pedrayo. Colaborou en xornais locais, na revista Nós, en Alento, Guión, Yunque, Resol, A Nosa Terra, Ser e no suplemento do sábado de La Noche, asinando ás veces cos pseudónimos Sergio Ivaguin ou Anibal Quijano. Participou nos mitins da campaña pro-Estatuto de xuño de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 retornou a Compostela e rematou traballando no Hospital Militar de San Caetano desde 1938 até a súa morte.

Entre as súas obras están o conto “Nocturno”, incluído na recompilación Veinte cuentos gallegos (publicada en Bos Aires en 1941), Zambulón, mundo cerrado, finalista no premio Nadal de 1945, e Lugares y caminos, paisaje en Galicia (1989), editado postumamente. En 2003 Laura Tato reuniu o seu teatro e editouno cun prólogo de Francisco Fernández del Riego.

  1. Torna Ferreiro, Cilia (28/7/2014). "Luís Manteiga, un maldito aspirante a galego 100%". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2017. Consultado o 03/09/2017. 
  2. Alvarellos, Quique (19/11/2017). "Luís Seoane no Santiago de 1930" La Voz de Galicia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar