Joel R. Gômez

xornalista, investigador e escritor galego

Joel R. Gômez, nado en Ourense en 1959 como José Manuel Rodríguez Gómez, é un xornalista, investigador e escritor literario galego.

Infotaula de personaJoel R. Gômez
Biografía
Nacemento(es) José Manuel Rodríguez Gómez Editar o valor em Wikidata
1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioJoel R. Gômez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1012011

Traxectoria editar

Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en Filosofía e Ciencias da Educación pola sección de psicoloxía[1] e, máis tarde, na década dos noventa, en Filoloxía Portuguesa, formando parte da primeira promoción de estudantes. É especialmente coñecido polas súas investigacións sobre o filólogo e escritor galego Ernesto Guerra da Cal, sobre o que fixo a súa tese doutoral[2] e sobre o que segue a investigar actualmente no Rede Galabra.

Xornalismo editar

No ámbito do xornalismo, no que se iniciou hai máis de cuarenta anos, traballou fundamentalmente no campo da sáude, máis tamén destacan as entrevistas realizadas ao escritor ourensán Eduardo Blanco Amor, a derradeira delas, o día previo ao seu falecemento. Algúns dos xornais nos que publicou son La Voz de Galicia, no que aínda segue a publicar,e o ourensán La Región, aínda que tamén traballou para xornais de fóra de Galiza.

Traxectoria investigadora editar

É durante os estudos universitarios, a través dunha busca sobre o educador brasileiro Paulo Freire, cando descobre o movemento reintegracionista, no que profundizaría coa axuda de Ricardo Carvalho Calero e José Luís Rodríguez, profesores de Filoloxía Galego-Portuguesa. Súmase á Associaçom Galega da Língua (AGAL), onde máis tarde, nos noventa, na colección “Criaçom” publicará a novela Quando o sol arde na noite. Tamén toma parte da creación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Neste período de tempo tamén se publicarán outras das súas primeiras obras literarias.

Durante os seus estudos en Filoloxía, Joel R. López achegarase teorías como a dos Polisistemas de Itamar Even-Zohar e a dos Campos literarios de Pierre Bourdieu que influirán enormemente nas súas posteriores investigacións dos sistemas literarios dentro do grupo Galabra (Galego-Luso-Afro-Brasileiros) da USC.  É neste grupo onde desenvolve o seu traballo sobre Ernesto Guerra da Cal, sobre o que fará a súa tese, entitulada A trajectória de Ernesto Guerra da Cal nos campos científico e literário, defendida no 2009 e dispoñíbel en liña. Sobre este autor ten publicados outros traballos como “A bibliografía queirociana de Ernesto Guerra da Cal” (2008) ou “O pensamento de Ernesto Guerra da Cal sobre a lusofonía” (2009).

Tese doutoral editar

A tese doutoral de Joel R. Gômez, A trajectória de Ernesto Guerra da Cal nos campos científico e literário, aborda a traxectoria de Ernesto Guerra da Cal e a súa canonización, coñecemento e recoñecemento nos distintos sistemas literarios, en especial o portugués e o galego, mais tamén o español, o francés ou o inglés, así como os materiais dispoñíbeis, inéditos ou non, do autor nestes países ou noutros como o Brasil e os EUA[3].

Tal e como explica na introdución do traballo, as súas investigación sobre Guerra da Cal comezan no 1999 durante os seus estudos na USC da man do doutor Elias J. Torres Feijóo. Isto vese motivado en parte pola conmemoración no 2000 do centenario do falecemento de Eça de Queirós, escritor portugués de recoñecemento mundial sobre o que se centra a obra de Guerra da Cal. Deste modo, en abril do ano 2000, Joel R. Gômez comparte e discute co Grupo Galabra os primeiros resultados e preséntaos en setembro na Facultade de Filoloxía. En abril do 2001, este traballo será ampliado e constituirá a súa memoria de licenciatura co título A produção queirosiana de Ernesto Guerra da Cal e o Polissistema Literário Português. (Estudo de um duplo processo de canonização), na mesma data en que a Associaçom Galega da Língua publica o poemario póstumo de Guerra da Cal Caracol ao Pôr-do-Sol.

A partir desta investigación, nos seguintes anos dúas editoriais galegas mostran interese por publicar este traballo e fomentar as pescudas e a divulgación en Galiza sobre Da Cal e os seus estudos queirosianos. Arredor deste tema, participa en distintos congresos como o “VII Congresso da Associação Internacional de Lusitanista” (Portugal, xullo do 2005) e publica artigos en revistas como Agália ou a brasileira Convergência Lusíada, e en colaboración con distintos organismos de países como o Brasil, os Estados Unidos ou Portugal, amplía as súas pescudas até conformar a tese de doutoramento.

Traxectoria literaria editar

Joel R. Gômez di identificarse máis como xornalista que como escritor literario e, aínda que na década dos oitenta considerara dedicarse á literatura, na súa biografía na Biblioteca Virtual Galega afirma que finalmente será para el algo máis achegado a unha forma de desconexión do traballo. Non obstante, a súa produción máis alá do ensaio de investigación e o artigo xornalístico é ampla, e escribe tanto narrativa como teatro.

Algunhas das obras de Joel R. Gômez son as seguintes:

Narrativa editar

  • O feche indefinido. (1993). A Coruñal: eDixital.
  • Novo do trinque. (1997). Santiago de Compostela: Bloque Nacionalista Galego.
  • Paisaxes con palabras. (2001). Vigo: Galaxia.

Teatro editar

  • A desforra. (1991). A Coruña: Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Um serviço policial: Transcendencia num acto. (1992). Ourense: Associaçom da Lingua Galega.
  • O feche indefinido. (1993). A Coruñal: eDixital.
  • Teatro á medida e pronto para sí. (1998). A Coruña: Associaçom da Lingua Galega.
  • Quase toda a verdade sobre os Outeiros do inferno. (2002). A Coruña: eDixital.

Ensaio editar

  • Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída. (2023). Instituto de Ciencias del Patrimonio.

Notas editar

  1. "Joel Rodríguez Gômez" (en portugués). Consultado o 2019-04-09. 
  2. "Ficha do autor". www.bvg.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2019-04-09. 
  3. "PoesíaGalega. "A trajectória de Ernesto Guerra da Cal nos campos científico e literário"" (PDF). poesiagalega.org. Consultado o 13 febreiro 2019.