Alento (1934)

revista galega (1934-1935)

Alento foi unha revista de contido totalmente redactado en lingua galega, editada en Santiago de Compostela de 1934 a 1935.

Alento
PaísEspaña
Sede centralSantiago de Compostela
Lingualingua galega
Fundación1934
editar datos en Wikidata ]

Historia e características Editar

Subtitulada Boletín de Estudos Polítecos, apareceu en setembro de 1934 cos seus dous primeiros números correspondentes a xullo e agosto editados nun só caderno.[1] Dirixida por Álvaro das Casas, foi defensora das ideas nacionalistas. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Xohán Brañas, Paulino Pedret, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane, Ramón Villar Ponte, Aquilino Iglesia Alvariño, Augusto María Casas e Luís Manteiga. Publicou artigos sobre arte galega, teoría literaria, ensaio e sobre o concepto do nacionalismo. Cesou a súa publicación en xuño de 1935, ao recoller nun só número os boletíns 10, 11 e 12.

Notas Editar

  1. El Pueblo Gallego, 19-9-1934, p. 4.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar

  • "Alento". Hemeroteca virtual. Real Academia Galega.