Xohán Brañas
avogado e político galego
Juan Brañas Cancelo, nado en Serantes en 1912 e finado en Carballo o 8 de novembro de 2009,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Brañas Cancelo ![]() 1912 ![]() Serantes, España ![]() |
Morte | 8 de novembro de 2009 ![]() Carballo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Manuel Brañas Cancelo ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarIrmán de Manuel Brañas Cancelo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Simpatizante do Partido Galeguista, colaborou co Seminario de Estudos Galegos. Tamén colaborou na revista Alento. Dende 1935 foi profesor auxiliar de Dereito Internacional na USC. En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en novembro. Finou en Carballo con 97 anos.
Vida persoal
editarCasou con María Santa María Fereiro.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-11-2009, p. 53.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 9.