Luís Villardefrancos Calé
Luís Villardefrancos Calé, nado na Coruña cara 1879,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Luís Villardefrancos Calé | |
---|---|
Nacemento | 1879 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
Fillos | Marisa Villardefrancos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Gumersindo Villardefrancos Pardo de Andrade e Dolores Calé Sanjurjo. Foi oficial do Hospital de Santiago de Compostela e secretario do concello de Vedra (1911-1916). En setembro de 1919 foi nomeado xefe da estación de Franza, na liña de Ferrol,[2] un mes despois da de Pontedeume[3] e en 1925 pasou a ser xefe da estación de Ferrol.[4] Nos anos trinta marchou a Madrid como xefe de servizos do ferrocarril, sendo secretario do Lar Gallego en 1932, e onde residía en 1952.[5] Dirixiu a revista Galicia Moza, foi redactor de Gaceta de Galicia e colaborou nas súas "Páginas literarias", e tamén no suplemento Nós. Páxinas gallegas do Diario da Cruña El Noroeste, en El Eco de Santiago, Galicia en Madrid e La Voz de Galicia e publicou algún poema en El Compostelano. Foi presidente do Club Ciclista de Santiago (1909).
Vida persoalEditar
Casou en Vedra coa mestra María de los Dolores Legrande Camino en 1914[6] e foi pai de Marisa Villardefrancos Legrande.
NotasEditar
- ↑ Marisa Villardefrancos, esa "muchacha ignorada"
- ↑ El Eco de Santiago, 13-9-1919, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 27-10-1919, p. 2.
- ↑ El Progreso, 7-11-1925, p. 3.
- ↑ La Noche, 4-3-1952, p. 4.
- ↑ El Progreso, 9-10-1914, p. 3.