Marisa Villardefrancos
María Luísa Villardefrancos Legrande, nada en Vedra o 12 de outubro de 1915 e finada Alacant o 20 de xuño de 1975, foi unha escritora galega en lingua castelá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Luisa Villardefrancos Legrande 15 de outubro de 1915 Vedra, España |
Morte | 20 de xuño de 1975 (59 anos) Sant Vicent del Raspeig, España |
Lugar de sepultura | Sant Vicent del Raspeig |
Datos persoais | |
Residencia | Madrid |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora , ilustradora , escritora de literatura infantil , mestra , dramaturga |
Período de actividade | 1944 - 1975 |
Xénero artístico | Novela e conto |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Luís Villardefrancos Calé |
Irmáns | Gloria Villardefrancos |
Traxectoria editar
Filla de Luís Villardefrancos Calé, empregado municipal e escritor en revistas, e de María de los Dolores Legrande, mestra. Desenvolveu a súa vida en Madrid. Colaborou en El Correo Gallego, na publicación Chicas, nas novelas da "Biblioteca de Chicas" e na radio (nas radionovelas que emitiu a Cadena SER). Foi unha escritora moi coñecida na década dos cincuenta, pero non gozou de recoñecemento nos ámbitos literarios. Destacou por sortear a censura e presentar, baixo unha aparencia de novela rosa, protagonistas femininas actuais, que exercían profesións liberais independentes en escenarios conflitivos como os do Ulster ou os da segunda guerra mundial.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas editar
- "Marisa Villardefrancos". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Enrique Martínez Peñaranda (2008) "Biografía de Marisa Villardefrancos" (en castelán).
- Biografía en Concepción Cardona Gamio Ediciones (en castelán)
- Marisa Villardefrancos, esa "muchacha ignorada"