Sant Vicent del Raspeig

concello da provincia de Alacant

Sant Vicent del Raspeig (en castelán: San Vicente del Raspeig, cooficiais) é un concello do País Valenciano situado no noroeste da área metropolitana de Alacant, da provincia de Alacant. Ten 51.507 habitantes (INE 2008).

Modelo:Xeografía políticaSant Vicent del Raspeig
Imaxe

HimnoSant Vicent el meu poble Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°23′47″N 0°31′31″O / 38.396388888889, -0.52527777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaAlacantí Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación59.928 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.477,88 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie40,55 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude109 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVicente Ferrer Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJesús Villar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03690 e 03699 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03122 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03122 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webraspeig.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: aytoraspeig Twitter: aytoraspeig Editar o valor en Wikidata

No termo municipal de Sant Vicent do Raspeig atópase, desde o seu fundación en 1979, o campus da Universidade de Alacant. Este feito valeulle para colocárselle a etiqueta de cidade universitaria e de residencia. Os núcleos urbanos de Alacant e de Sant Vicent forman un continuo urbanizado, ademais de posuír boas comunicacións entre si como trens de Proximidades ou o tranvía TRAM.

O topónimo do municipio xurdiu a raíz da estancia de Vicente Ferrer nas terras do Raspeig sobre 1411. O municipio creceu ao redor dunha ermida situada nas terras do Raspeig. Dende o século XVII, polo menos, documéntase a existencia en distintos protocolos notariais dos primeiros núcleos de poboación habitados no que hoxe coñecemos como Sant Vicent del Raspeig. O carácter de lugar de paso e á vez cruzamento de camiños das súas terras marcou o seu desenvolvemento histórico ao longo de séculos. A súa independencia total chegou en 1848 tras anos dun dilatado proceso segregacionista da cidade de Alacant.

Posteriormente, no século XX produciuse a industrialización do municipio e a súa inclusión na área metropolitana de Alacant, coa conseguinte medra demográfica. No século XX o municipio experimentou unha extensión urbanística de xeito moi similar ao concepto de cidade lineal coas avenidas Ancha de Castelar e Alacant como principal eixe vertebrador.