Emilia Quintero Calé
Emilia Gómez Quintero Calé, de nome completo Emilia Telesfora Lorenza Juana Francisca Gómez Quintero Calé,[1] máis coñécida como Emilia Quintero ou Emilia Quintero Calé, nada na Coruña o 5 de xaneiro de 1864 e finada en Madrid en febreiro de 1934, foi unha pianista e compositora galega.[2][3]
Nome orixinal | Emilia Telesfora Lorenza Juana Francisca Gómez Quintero Calé |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1864 A Coruña, España |
Morte | febreiro de 1934 (70 anos) Madrid, España |
Residencia | A Coruña, Vilaboa, Culleredo, Ferrol, Madrid, Lugo |
Actividade | |
Ocupación | pianista, compositora |
Familia | |
Pais | Lorenzo Gómez Quintero e Emilia Calé |
Premios | |
Socia de mérito da Asociación de Escritores y Artistas de Lugo |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e familia
editarEmilia naceu nunha familia con tradición artística, foi a máis vella de cinco irmáns, dúas delas xemelgas; a súa nai era Emilia Calé, poeta en lingua castelá e correspondente da Real Academia Galega desde 1906,[4] e o seu pai o xornalista e escritor Lorenzo Gómez Quintero. Por parte materna houbo diversos arpistas e organistas no século XVIII. Tamén eran parentes de Teodosio Vesteiro Torres, quen lle dedicou unha polca á súa "sobriña" (en realidade curmá en segundo grao) Emilia Quintero[5] e de Luís Villardefrancos Calé. A principios da década de 1870 viviron en Madrid, onde Emilia Quintero recibiu formación musical. No domicilio familiar, na rúa Estrella nº 7, fundouse a sociedade Galicia Literaria, e a vivenda foi frecuentada por figuras como Francisco Añón, Manuel Curros Enríquez, Andrés Muruais e o seu irmán Jesús, entre outros.[5]
A familia trasladouse a Ferrol na década de 1880, onde Emilia comezou a impartir clases de piano e a actuar en diversos eventos. A soprano Carolina Casanova era amiga da familia, e Emilia Calé dedicoulle un poema de homenaxe que lle leu durante unha interpretación ao piano da filla Emilia Quintero. Tamén era amiga íntima da arpista Gloria Keller.[2]
En 1890, a familia mudouse a Lugo debido a un cargo oficial que o seu pai comezou a desempeñar naquela cidade, onde foi nomeada socia de mérito da Asociación de Escritores e Artistas. En 1894 casou co capitán de Infantaría Fernando Orúe, de 39 anos.[5]
Carreira musical
editarA carreira de Emilia destaca dende moi nova. As súas interpretacións abarcaban obras de compositores como Mozart, Rossini, Beethoven, Listz, Chopin e do seu mestre Dámaso Zabalza. A súa habilidade técnica e a súa expresividade conquistou ao público e aos críticos, que eloxiaron amplamente as súas interpretacións. A súa carreira levouna a cidades galegas como as catro capitais de provincia, Ferrol e Vigo, ademais de Madrid e outras partes de España e Porto e outras cidades de Portugal.
Legado literario
editarEmilia tamén mostrou unha inclinación pola escritura, chegando a recitar poemas da súa nai, a poetisa Emilia Calé Torres, nos seus concertos. Ademais, recibiu poemas en lingua galega dedicados a ela por outros artistas contemporáneos, como Manuel Amor Meilán ou Luís Villardefrancos ("Á miña curmán á notabre pianista Emilia Quintero Calé"), entre outros, e Curros Enríquez (en castelán).[6]
O historiador Carlos Pereira Martínez dedicoulle diversos artigos e conferencias.
Notas
editar- ↑ Pereira Martínez, Carlos; Romero Masiá, Ana (2016). "Emilia Calé Torres: A escrita na dor" (PDF). Nalgures (Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia) (XII): 451–540.
- ↑ 2,0 2,1 Pereira Martínez, Carlos (6 de xullo de 2022). "A pianista Emilia Gómez Quintero Calé (II): 1885-1900". Symphonia; Revista do Conservatorio da Coruña. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ Pico Orjais, José Luís do (4 de agosto de 2022). "Os Cantos populares de Manuel Manrique de Lara (2) Texto e contexto". Mundoclasico.com (en galego reintegrado). Consultado o 2023-09-18.
- ↑ Armas García, Celia María. "Emilia Calé". Álbum de mulleres. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Pereira Martínez, Carlos (2 de febreiro de 2021). "A pianista coruñesa Emilia Gómez Quintero Calé: os anos de formación (1864-1884)". Symphonia. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ Pereira Martínez, Carlos (6 de febreiro de 2020). "Un poema de Manuel Curros Enríquez dedicado á pianista Emilia Quintero Calé". Terra e Tempo. Consultado o 2023-09-18.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |