Estación de Franza

estación de Ferrocarril en Mugardos

Coordenadas: 43°26′19″N 8°11′51″O / 43.4385, -8.19748

Franza foi unha estación e posteriormente un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Franza, no concello de Mugardos, provincia da Coruña. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Franza
Apeadoiro de Franza.
SituaciónMugardos

Situación ferroviaria editar

Atópase no punto quilométrico 28,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 73 metros de altitude,[1] entre as estacións de Cabanas-Areal e de Barallobre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar