Luís González Blasco

político galego
(Redirección desde «Luís Gonçales Blasco»)

Luís González Blasco ou Luís Gonçales Blasco, tamén coñecido como Foz[1], nado en Foz o 18 de agosto de 1941, é un profesor e político galego.

Luís González Blasco
Nacemento18 de agosto de 1941
Lugar de nacementoFoz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e profesor de ensino secundario
Na rede
Facebook: luis.goncalesblasco Twitter: twluisfoz1 Dialnet: 1163121 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formou parte do Consello da Mocedade (1962-1963) do que foi expulsado xunto cun grupo de mozos acusados de comunistas, que fundan ao ano seguinte a Unión do Pobo Galego (UPG). A estadía en Madrid e o contacto co grupo Brais Pinto déronlle á súa personalidade os trazos nacionalistas e marxistas. En 1968 tivo que exiliarse en Francia onde se licenciou e Lingüística Xeral na Universidade de París VIII. Ata 1974 foi o promotor principal da organización de núcleos da UPG en Francia, Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza e Alemaña e participou na redacción da Carta de Brest.[2] Viaxou a Portugal en 1975 para conectar coas forzas revolucionarias, os refuxiados galegos e a súa familia. Abandonou a UPG en 1978 integrándose no Partido Galego do Proletariado; despois militou noutras organizacións independentistas como Galiza Ceive, a primeira Frente Popular Galega (1987) e a Assembleia do Povo Unido. Despois integrouse en Cerna.[3][4]

A comezos dos anos oitenta, adoptou o reintegracionismo lingüístico. É membro da AGAL e académico da AGLP.

Traballou como co-propietario en Livraria Páxina, como Auxiliar administrativo en Éditions Ruedo iberico. Tamén como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario ata a súa xubilación no IES Arcebispo Xelmírez de Santiago.

Publicou en revistas e obras colectivas algúns traballos sobre lingua e literatura galegas e sobre a historia do nacionalismo galego contemporáneo.[5]

Obra escrita editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

Notas editar

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:f". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-09-13. 
  2. "archive.ph". archive.ph. Archived from the original on 29 de xuño de 2013. Consultado o 2022-09-13. 
  3. "Luís Gonçales Blasco Através Editora área editorial da AGAL" (en portugués). Consultado o 2022-09-13. 
  4. Galego, Partido Comunista Do Povo. "Nacional: HOMENAXE A UN PATRIOTA E COMUNISTA GALEGO: LUIS BLASCO "FOZ"". Nacional. Consultado o 2022-09-13. 
  5. "Vieiros: Galiza Hoxe - Luís Gonçales Blasco (Foz)". www.vieiros.com. Consultado o 2022-09-13. 
  6. "A UPG em Portugal e alguma coisa mais". Através Editora área editorial da AGAL. Consultado o 2022-09-13. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-26. 
  8. da Silva, Xosé Manuel (outubro, novembro, decembro, 2023). "As militancias de Celso Emilio". Grial LXI (240): 83–84. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar