Lois (nome)

nome masculino
(Redirección desde «Luís»)

Lois[1][2] é un nome propio masculino na súa variante en galego. A súa forma primitiva provén do fráncico (lingua xermánica da que descenden as linguas baixo francas), Hluot-wig ou Hlodowig (Hlod, 'ilustre, famoso, recoñecido'; wig, 'combate'), que quere dicir “Ilustre no combate” ou “Ilustre na batalla”. Polo mesmo, Lois é a forma moderna do nome Clodoveo do que derivan tamén Ludwig (alemán), Ludovico (italiano) e Louis (francés). É un nome moi estendido en Francia, e foi empregado por dezaoito dos seus reis.

En xaneiro de 2016 existían 885 varóns en Galicia co nome Lois.[3]

Variantes editar

Non está claro se Lois e Luís son o mesmo nome, mais o uso conságraos como sinónimos.

Equivalencias noutras linguas editar

Lingua Nome
Alemán Ludwig
Anglosaxón Hloþwig
Aragonés Loís
Asturiano Lluis
Bretón Loeiz
Catalán Lluís
Checo Ludvík
Chinés 路易 (Lùyì)
Croata Luj
Emiliano-Romañol Lüìg'
Eslovaco Ľudovít
Esloveno Ludvik
Esperanto Ludoviko
Éuscaro Koldobika, Koldo
Francés Louis, Ludovic, Loïc, Clovis
Grego Λουδοβίκος (Ludovíkos)
Hebreo לואיס (Luis)
Húngaro Lajos
Inglés Louis ou Lewis
Irlandés Alaois, Alabhaois, Lughaidh, Savy
Islandés Loðvík
Italiano Ludovico, Luigi, Aloisio, Alvise, Gigi
Latín Ludovicus, Aloysius
Letón Lujs
Lituano Liudvikas
Neerlandés Lodewijk
Occitano Loís
Polaco Ludwik
Portugués Luís, Luiz, Aloísio, Aluísio, Ludovico
Romanés Ludovic
Ruso Людовик (Liudovík)
Sueco, danés, noruegués Ludvig
Valenciano Lluís, Ludovic, Lluiso, Uiso
Xaponés ルイス, (Ruisu)
Xeorxiano ხლოდვიგი Khlodvigi

Notas editar

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Lois Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. no índice onomástico de A Mesa pola Normalización Lingüística
  3. Nome Lois na Web do Intituto Nacional de Estatística

Véxase tamén editar

Outros artigos editar