Menorca Bàsquet

(Redirección desde «Llanera Menorca»)

O Menorca Bàsquet foi un equipo de baloncesto español con sede na cidade balear de Maó, Menorca. Fundado en 1950, anunciou a súa disolución o 5 de xullo de 2012 debido á súa mala xestión económica.

Menorca Bàsquet
Información xeral
Fundación 1950
Desaparición 5 de xullo de 2012
Historia CB La Salle Mahón (1950−1997)
Cores                Branco, azul, laranxa
Localización
Cidade España Maó, España
Pavillón Pavelló Menorca
Capacidade 5 115
Inauguración 2 de outubro de 2005

Historia

editar

Fundado en 1950 como CB La Salle Mahón, o club foi progresando lentamente até que na temporada 1993−94 consegue entrar en ligas de ámbito estatal co ascenso á Liga EBA. Coa chegada do equipo á EBA, o club comeza a xogar como local no Polideportivo Municipal de Maó. Após varias temporadas na zona baixa da liga EBA, en maio de 1997, con José Luís Oliete de adestrador, o primeiro equipo proclámase campión da liga EBA e logra así o ascenso á Liga LEB. O primeiro equipo adopta desde ese ano o nome de Menorca Bàsquet.

Na liga LEB desde a primeira temporada estivo a loitar nos playoff de ascenso á liga ACB. Na temporada 2004−05 o equipo consegue o subcampionato e consegue o ascenso á liga ACB. Debido ao ascenso, a organigrama do club tívose que profesionalizar. Ademais, o Polideportivo Municipal de Maó, con capacidade para uns 2 500 espectadores, non cumpría coa normativa da Asociación de Clubs de Baloncesto, polo que se tivo que construír un novo pavillón nun tempo récord de 90 días. A temporada de debut na ACB acabou de xeito satisfactoria ao conseguir o equipo a permanencia no último partido da temporada.

Na seguinte temporada, seis xornadas despois de comezar competición, o club decide cesar ao adestrador Curro Segura debido á mala xeira de resultados do equipo. O seu substituto foi Ricard Casas. Con el, o equipo conseguiu saír dos postos de descenso a unha xornada do final de campionato. Na última xoranda, a pesar de perder, o equipo consegue a permanencia grazas á vitoria do Gran Canaria contra o Etosa Alicante. Na temporada 2008−09 tras problemas internos e deportivos, o club acaba finalmente por a descender á LEB Ouro. O seu paso pola seguinda categoría sería, porén, breve. O club consegue nun ano regresar á ACB, aínda que descendendo inmediatamente na seguinte tempada. Na temporada 2011–12, tras unha nefasta xestión económica, o club emite un comunicado de prensa no que anuncia a súa disolución.[1]

Patrocinios

editar

Alén de Menorca Bàsquet, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:

  • Coinga Menorca Básquet (2000–2004)
  • IBB Hoteles Menorca Básquet (2004–2005)
  • Llanera Menorca (2005–2006)
  • ViveMenorca (2006–2010)

Xogadores

editar

Destacados

editar

Adestradores

editar

Os seguintes foron os adestradores do Menorca Bàsquet na Liga ACB.

Historial

editar
 
Alfons Alzamora.
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas
1979–80 4 3ª Div.
1980–81 4 3ª Div.
1981–82 4 3ª Div.
1982–83 4 3ª Div.
1983–84 3 2ª Div. 13º
1984–85 4 3ª Div.
1985–86 3 2ª Div. 13º
1986–87 3 2ª Div.
1987–88 3 2ª Div.
1988–89 3 2ª Div.
1989–90 3 2ª Div.
1990–91 3 2ª Div.
1991–92 3 2ª Div.
1992–93 3 2ª Div.
1993–94 3 2ª Div.
1994–95 2 EBA 11º 12–18
1995–96 2 EBA 15–15
1996–97 3 EBA 26–6 Copa EBA SF
1997–98 2 LEB 14–17
1998–99 2 LEB 19–17 Copa Príncipe
1999–00 2 LEB 24–15 Copa Príncipe CF
2000–01 2 LEB 21–18
2001–02 2 LEB 11º 12–18
2002–03 2 LEB 22–13 Copa Príncipe SF
2003–04 2 LEB 22–17
2004–05 2 LEB 32–11 Copa Príncipe
2005–06 1 ACB 16º 12–22
2006–07 1 ACB 15º 12–22
2007–08 1 ACB 16º 12–22
2008–09 1 ACB 16º 8–24
2009–10 2 LEB Ouro 30–18 Copa Príncipe
2010–11 1 ACB 18º 7–27
2011–12 2 LEB Ouro 30–15

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar