Litra
A litra (do grego antigo: λίτρα) foi unha moeda da Antiga Grecia e, paralelamente, unha unidade de medida de masa para a prata e o ouro, que se utilizou nas colonias gregas e, fundamentalmente, en Sicilia.[1][2][3][4][5]
Historia
editarInicialmente, o peso dunha litra equivalía á terceira parte da libra romana (arredor de 109,15 gramos). Do mesmo xeito que sucedía en Roma coa libra (como unidade de masa) e co ás (como unidade monetaria), a litra dividíase en 12 onzas ou onkia (uncia, no caso de Roma). As fraccións desta unidade eran: hexas (1/6 de litra ou dúas onkia), tetras (1/4 ou tres onkia), trias (1/3 ou catro onkia), pentonkion (cinco onkia) e hemilitron (1/2 litra ou seis onkia).[6][7]
A litra corría nas colonias sicilianas de Grecia con anterioridade á dominación romana, cun valor igual á quinta parte do dracma. Nos períodos arcaico e clásico, a litra cuñouse en prata cun peso de 0,85 gramos, parcticamente igual ao do óbolo, que tiña unha proporción de 1:6 co dracma.[8]
Despois do dominio dos tiranos gregos da dinastía Dinoménida (485-465 a. de C) en Siracusa, a litra cuñouse en bronce cun peso de 16 g. Tratábase dunha emisión cun valor teórico moi elevado en relación ao seu peso, tendo en conta a relación naquela época entre o valor do bronce e o da prata. Posteriormente, Dionisio I (405-367 a. de C.), para sufragar os gastos militares, dobrou por decreto o valor das moedas circulantes naquel momento.[9][10]
Durante o longo período de goberno de Dioniosio, emitiuse unha nova litra de bronce máis pequena, cun peso de só 8 gramos, que reproduce no anverso a cabeza de Atenea, á maneira da moeda de Corinto, e no reversoa imaxe do hipocampo.[11] A esa mesma serie pertence un dracma de 40 gramos coa cabeza de Atenea e, na parte posterior, unha estrela rodeada de golfiños.
Ao longo do século III a. de C., Roma emitiu litras e dobres litras de prata, así como hemilitras de bronce, dentro das series de emisións coñecidas como romano-campanienses, en civersas cidades do sur de Italia e de Sicilia, seguindo o estilo e o sistema metrolóxico grego.[12][13]
No século III d. de C., o texto dos Evanxeos apócrifos coñecido como Feitos de Tomé, Xesús vende a Tomé a un comerciante xudeu "por tres litras de prata sen selar".[14]
No mundo xudeu antigo, no Talmud fálase da litra como unha unidade de peso equivalente a 60 shekels (arredor de 354 gramos).[15]
Notas
editar- ↑ "Litra". En Forum Ancient Coins.
- ↑ Mateu y Llopis, F. (1946). "Litra".
- ↑ Amandry, M. (2001). "Litra".
- ↑ Melville Jones, J. R. (1986). "Litra".
- ↑ Carradice, I.; Price, M. (1988). "Litra".
- ↑ Stumpf, Gerd. "Litra". En Brill's New Pauly.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Hexas", "tetras", "trias", "pentonkion", "hemilitra" e "onkia".
- ↑ Smith, William. (1890). "Litra". Páxina 594.
- ↑ Harl, Kenneth W. (1996). Páxina 62.
- ↑ "Litra". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ Descrición e fotografía de alta resolución. En Coin archives.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Litra".
- ↑ Melville Jones, J. R. (1990). "Litra".
- ↑ "The Acts of Thomas". En M. R. James (ed:). The Apocryphal New Testament. Clarendon Press, 1924.
- ↑ Ettinger, Yair. "'Torah Archaeology' Sheds Light on Ancient Talmudic Dispute". En Haaretz. 9 de setembro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Litra |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry. Dictionnaire de Numismatique. Larousse. París. 2001. ISBN 978-2035050762
- Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820
- Harl, Kenneth W. Roman Economy. 300 B.C. to A.D. 700. Glossary. The Johns Hopkins University Press. Baltimore/Londres, 1996. ISBN 0-8018-5291-9
- Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946.
- Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813
- Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Londres, 1990. ISBN 978-1852640262
- Smith, William (ed.). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Ed. John Murray. Londres, 1890.