Lega Basket Serie A

(Redirección desde «Liga Italiana de Baloncesto»)


Lega Basket Serie A, oficialmente abreviada como LBA, coñecida por motivos de patrocinio como LBA UnipolSai, é a principal competición do baloncesto profesional italiano, onde os competidores enfróntanse para proclamarse o campión nacional. A tempada consiste nun almanaque de trinta partidos disputado a ida e volta, seguidos dunha serie eliminatoria na que se enfrontan os oito primeiros da fase regular. Os cuartos de final e semifinais son ao mellor de cinco partidos e a final ao de sete. Os dous últimos equipo clasificados na liga regular descenden á Serie A2 (segunda división).

Modelo:Competición deportivaLega Basket Serie A
Imaxe
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorItalian Basketball Federation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Liga superiorEuroleague Basketball Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSerie A2 Basket Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1920 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallegabasket.it Editar o valor en Wikidata
Youtube: UCKuhExlRMWgfcaD__HtN1yw Editar o valor en Wikidata

Fundada en 1920, a Lega é unha das competicións domésticas de baloncesto máis importantes, xunto con ligas como a ACB, a VTB, a BSL, a BBL, a HEBA ou a ABA, o que a converte nunha das competicións deste deporte máis importantes a nivel mundial. Ademais da Serie A, as outras dúas grandes competicións do baloncesto italiano son a Coppa Italia e a Supercoppa Italia, que enfronta a principios de cada tempada ao campión da Liga e ao campión de Copa nunha final a partido único.

Historia

editar

A primeira vez que se organizou unha liga nacional de baloncesto en Italia foi 1920, gañando o primeiro título foi gañado. Dende aquela, o equipo que máis "Scudetto" gañou foi o Olimpia Milano con vinte e oito. Até o momento dezasete equipos diferentes gañaron o campionato desde o seu inicio. Desde a década de 2000 anos a liga está a ser dominada por uns poucos equipos, principalmente o Pallacanestro Treviso (aínda que xa non compite no baloncesto profesional), Mens Sana Siena (actualmente na Serie A2 e o propio Olimpia Milano. Con todo, nos últimos anos apareceron dous novos campións o Dinamo Sassari e o Reyer Venezia (aínda que este equipo xa gañara dúas nos anos 1940).

Até a década de 2000, o campionato italiano era considerado a liga doméstica máis importante en Europa, sendo agora considerada unha das mellores xunto coa Liga ACB, a VTB United League, a Basketbol Süper Ligi, a Basketball Bundesliga ou a A1 Ethniki. Até a temporada 2007−08 participaban na liga dezaoito equipos. Porén, en setembro de 2008 dous clubs, o Basket Napoli (non relacionado co actual NSB Napoli, que se trasladou dende Rieti a Nápoles en 2008) e o Orlandina, foron relegados das competicións profesionais pola forza debido a irregularidades financeiras, non sendo substituídos para a tempada 2008-09. Así, na actualidade, compiten na Serie A dezaseis equipos.

Patrocinadores

editar

Ao longo dos anos, o campionato da Serie A foi mudando o seu nome debido a diferentes acordos de patrocinio. A seguinte é unha lista das denominacións oficiais do compionato:

Period Sponsor Name
1993–1996 Luxottica Luxottica Cup
1996–1998 Polo Polo Cup
1998–1999 Ford Puma Trofeo Ford Puma
1999–2000 SportWeek SportWeek Cup
2000–2003 Foxy Foxy Cup
2003–2009 TIM Serie A TIM
2009–2012 Agos Ducato Agos Ducato Serie A
2012–2016 Beko Serie A Beko
2016 Sen patrocinador LBA
2016–2019 PosteMobile Serie A PosteMobile
2019–2020 Sen patrocinador LBA
2020– UnipolSai LBA UnipolSai

Equipos

editar

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da LBA.

Localización dos equipos da LBA 2022–23
Equipo Cidade Rexión Pavillón Capacidade
Banco di Sardegna Sassari Sassari   Sardeña PalaSerradimigni 4.532
Bertram Yachts Derthona Tortona Tortona   Piemonte PalaFerraris 3.510
Carpegna Prosciutto Pesaro Pesaro   Marcas Vitrifrigo Arena 10.323
Dolomiti Energia Trento Trento   Trentino-Tirol do Sur PalaTrento 4.360
EA7 Emporio Armani Milano Milán   Lombardía Mediolanum Forum 12.331
Germani Brescia Brescia   Lombardía PalaLeonessa 5.200
GeVi Napoli Basket Nápoles   Campania PalaBarbuto 5.500
Givova Scafati Scafati   Campania PalaMangano 3.700
Happy Casa Brindisi Brindisi   Puglia PalaPentassuglia 3.534
NutriBullet Treviso Basket Treviso   Véneto PalaVerde 5.344
Openjobmetis Varese Varese   Lombardía Palasport Lino Oldrini 5.107
Pallacanestro Trieste Trieste   Friúl-Venecia Xulia Allianz Dome 6.943
Tezenis Verona Verona   Lombardía PalaOlimpia 5.350
Umana Reyer Venezia Venecia   Véneto Palasport Taliercio 3.509
UnaHotels Reggio Emilia Reggio Emilia   Emilia-Romaña PalaBigi 4.530
Virtus Segafredo Bologna Boloña   Emilia-Romaña Segafredo Arena 9.980

Palmarés

editar

Por equipo

editar

Finais

editar
Temporada Campión Subcampión Resultado MVP Nota
1920 SEF Costanza Milano Organizado pola Federazione Ginnastica d'Italia
1921 ASSI Milano
1922 ASSI Milano SEF Costanza Milano Primeiro campionato oficial FIP
1923 Internazionale Milano Ginnastica Comense
1924 ASSI Milano Cairoli Novara
1925 ASSI Milano Pro Roma
1926 ASSI Milano YMCA Torino
1927 ASSI Milano YMCA Torino
1928 Ginnastica Roma SEF Costanza Milano
En 1929 non se disputou o campionato
1930 Ginnastica Triestina Ginnastica Roma
1931 Ginnastica Roma Ginnastica Triestina
1932 Ginnastica Triestina Pallacanestro Napoli
1933 Ginnastica Roma Osa Milano
1934 Ginnastica Triestina Olimpia Milano
1935 Ginnastica Roma Ginnastica Triestina
1935−1936 Olimpia Milano Virtus Bologna
1936−1937 Olimpia Milano La Filotecnica Milano
1937−1938 Olimpia Milano Virtus Bologna
1938−1939 Olimpia Milano Ginnastica Triestina
1939−1940 Ginnastica Triestina Virtus Bologna
1940−1941 Ginnastica Triestina Olimpia Milano
1941−1942 Reyer Venezia Mussolini Roma
1942−1943 Reyer Venezia Virtus Bologna
En 1944 o título Reyer Venezia non foi aprobado
En 1945 o campionato non foi disputado
1945−1946 Virtus Bologna Reyer Venezia
1946−1947 Virtus Bologna Ginnastica Triestina
1947−1948 Virtus Bologna Ginnastica Roma
1948−1949 Virtus Bologna Pallacanestro Varese
1949−1950 Olimpia Milano Virtus Bologna
1950−1951 Olimpia Milano Ginnastica Roma
1951−1952 Olimpia Milano Virtus Bologna
1952−1953 Olimpia Milano Virtus Bologna
1953−1954 Olimpia Milano Gira Bologna
1954−1955 Virtus Bologna Ginnastica Triestina
1955−1956 Virtus Bologna Olimpia Milano O campionato adopta o nome de Elette. Último con empates
1956−1957 Olimpia Milano   Virtus Bologna
1957−1958 Olimpia Milano Virtus Bologna
1958−1959 Olimpia Milano Virtus Bologna
1959−1960 Olimpia Milano Virtus Bologna
1960−1961 Pallacanestro Varese Virtus Bologna
1961−1962 Olimpia Milano Pallacanestro Varese
1962−1963 Olimpia Milano Pallacanestro Varese
1963−1964 Pallacanestro Varese Olimpia Milano
1964−1965 Olimpia Milano Pallacanestro Varese
1965−1966 Olimpia Milano Pallacanestro Varese O campionato adopta o nome de Serie A
1966−1967 Olimpia Milano Pallacanestro Varese
1967−1968 Pallacanestro Cantù Partenope Napoli Basket
1968−1969 Pallacanestro Varese Olimpia Milano
1969−1970 Pallacanestro Varese Olimpia Milano
1970−1971 Pallacanestro Varese Olimpia Milano
1971−1972 Olimpia Milano Pallacanestro Varese
1972−1973 Pallacanestro Varese Olimpia Milano
1973−1974 Pallacanestro Varese Olimpia Milano
1974−1975 Pallacanestro Cantù Pallacanestro Varese A Serie A divídese en Serie A1 e Serie A2
1975−1976 Virtus Bologna Pallacanestro Varese
1976−1977 Pallacanestro Varese Virtus Bologna 2-0 Comezan os play-offs polo título
1977−1978 Pallacanestro Varese Virtus Bologna 2-1
1978−1979 Virtus Bologna Olimpia Milano 2-0
1979−1980 Virtus Bologna Pallacanestro Cantù 2-0
1980−1981 Pallacanestro Cantù Virtus Bologna 2-1
1981−1982 Olimpia Milano    Victoria Libertas Pesaro 2-0
1982−1983 Virtus Roma Olimpia Milano 2-1
1983−1984 Virtus Bologna   Olimpia Milano 2-1
1984−1985 Olimpia Milano Victoria Libertas Pesaro 2-0
1985−1986 Olimpia Milano Juvecaserta Basket 2-1
1986−1987 Olimpia Milano Juvecaserta Basket 3-0
1987−1988 Victoria Libertas Pesaro Olimpia Milano 3-1
1988−1989 Olimpia Milano Libertas Livorno 3-2
1989−1990 Victoria Libertas Pesaro Pallacanestro Varese 3-1
1990−1991 Juvecaserta Basket Olimpia Milano 3-2
1991−1992 Pallacanestro Treviso Victoria Libertas Pesaro 3-1
1992−1993 Virtus Bologna Pallacanestro Treviso 3-0
1993−1994 Virtus Bologna Victoria Libertas Pesaro 3-2 Carlton Myers
1994−1995 Virtus Bologna Pallacanestro Treviso 3-0 Stefano Rusconi
1995−1996 Olimpia Milano Fortitudo Bologna 3-1 Henry Williams
1996−1997 Pallacanestro Treviso Fortitudo Bologna 3-2 Carlton Myers
1997−1998 Virtus Bologna Fortitudo Bologna 3-2 Predrag Danilović
1998−1999 Pallacanestro Varese   Pallacanestro Treviso 3-0 Vincenzo Esposito
1999−2000 Fortitudo Bologna Pallacanestro Treviso 3-1 Vincenzo Esposito
2000−2001 Virtus Bologna Fortitudo Bologna 3-0 Emanuel Ginóbili
2001−2002 Pallacanestro Treviso Fortitudo Bologna 3-0 Emanuel Ginóbili A Serie A1 volve chamarse Serie A
2002−2003 Pallacanestro Treviso Fortitudo Bologna 3-1 Massimo Bulleri
2003−2004 Mens Sana Siena Fortitudo Bologna 3-0 Gianluca Basile
2004−2005 Fortitudo Bologna Olimpia Milano 3-1 Massimo Bulleri
2005−2006 Pallacanestro Treviso Fortitudo Bologna 3-1 Lynn Greer
2006−2007 Mens Sana Siena Virtus Bologna 3-0 Terrell McIntyre
2007−2008 Mens Sana Siena Virtus Roma 4-1 Danilo Gallinari
2008−2009 Mens Sana Siena Olimpia Milano 4-0 Terrell McIntyre
2009−2010 Mens Sana Siena Olimpia Milano 4-0 Romain Sato
2010−2011 Mens Sana Siena Pallacanestro Cantù 4-1 Omar Thomas
2011−2012 Revocado Mens Sana Siena Olimpia Milano 4-1 Bo McCalebb
2012−2013 Revocado Mens Sana Siena Virtus Roma 4-1 Luigi Datome
2013−2014 Olimpia Milano Mens Sana Siena 4-3 Drake Diener
2014−2015 Dinamo Sassari Pallacanestro Reggiana 4-3 Tony Mitchell
2015−2016 Olimpia Milano Pallacanestro Reggiana 4-2 James Nunnally
2016−2017 Reyer Venezia Aquila Basket Trento 4-2 Marcus Landry
2017−2018 Olimpia Milano Aquila Basket Trento 4-2 Jason Rich
2018−2019 Reyer Venezia Dinamo Sassari 4-3 Drew Crawford
En 2020 o campionato foi cancelado pola pandemia de COVID-19
2020−2021 Virtus Bologna Olimpia Milano 4-0 Stefano Tonut
2021−2022 Olimpia Milano Virtus Bologna 4-2 Amedeo Della Valle

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar