Leopold Ružička

Lavoslav (Leopold) Ružička nado o 13 de setembro de 1887 en Vukovar (Croacia) e finado o 26 de setembro de 1976 en Zürich (Suíza)), foi un químico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1939.

Lavoslav Stjepan Ružička
Nobel prize medal.svg
Leopold Ruzicka ETH-Bib Portr 00239.jpg
Lavoslav (Leopold) Ružička
Datos persoais
Nacemento13 de setembro de 1887
LugarVukovar Croacia Croacia
Falecemento26 de setembro de 1976
LugarZürich Suíza Suíza
SoterradoCemitério Fluntern
ResidenciaSuíza Suíza
NacionalidadeCroata/suízo
Cónxuxe
  • Anna Hausmann (1912)
  • Gertrud Acklin (1951))
  • Actividade
    Campo
  • Bioquímica
  • Alma máter
  • Escola Técnica Superior de Karlsruhe
  • Director de tese
  • Hermann Staudinger
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Polos seus traballos con polimetileno e terpeno.
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1939)
  • editar datos en Wikidata ]

    BiografíaEditar

    Cursou os seus primeiros estudos en Osijek (Croacia), cambiando a súa idea inicial de converterse en sacerdote polo estudo de materias técnicas. Elixiu a química, probablemente porque esperaba atopar traballo na refinería de azucre recentemente aberto en Osijek. Asistiu á Escola Técnica Superior de Karlsruhe, onde estudou química orgánica e físico-química baixo a titoría de Fritz Haber. Posteriormente asistiu á Universidade de Basilea e impartiu clases de química orgánica no Instituto Federal de Tecnoloxía de Zürich.

    Investigacións científicasEditar

    Iniciou as súas investigacións acerca da industria do perfume, entrando en contacto co terpeno. Entre 1934 e 1935 descubriu que a androsterona e testosterona (hormonas masculinas) poden ser producidas a partir dun esterol neutro, como o colesterol, descubrimento que solucionou o problema da produción sintética de hormonas.

    Foi galardoado en 1939 co premio Nobel de Química, compartido con Adolf Butenandt, polos seus traballos con polimetileno e terpenos.

    Véxase taménEditar

    Outros artigosEditar

    Ligazóns externasEditar

    Predecesor:
    Richard Kuhn
    Premio Nobel de Química
     

    1939
    con
    Adolf Friedrich Johann Butenandt
    Sucesor:
    George de Hevesy