Lemas dos Estados Unidos de América

artigo de listas da Wikimedia
(Redirixido desde "Lemas dos Estados Unidos")
Nil sine numine, lema de Colorado.
Live free or die, lema de Nova Hampshire.
Eureka, lema de California.
Freedom and Unity,lema de Vermont.
In God we trust, lema de Florida.
Crossroads of America, lema de Indiana.
Ad astra per aspera, lema de Kansas.
Esto perpetua, lema de Idaho.
Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono, lema de Hawaii.

Os cincuenta estados dos Estados Unidos teñen un lema estatal, ao igual que o Distrito de Columbia. O lemas doitan ser formais, de feito, vinte deles están directamente escritos en latín, e non adoitan variar ao longo do tempo. Nese sentido, non deben ser confundidos cos alcumes estatais, que os gobernos dos diferentes estados adoitan crear para tentar fomentar o turismo interno e externo (por exemplo, Sunshine state, "o estado soleado", para referirse a Florida).

Os Estados Unidos como un todo teñen dous lemas oficiais: dende 1789 o latino E pluribus unum ("De moitos, un") e dende 1956 tamén o inglés In God we trust en ("En Deus confiamos"), aínda que este último foi historicamente impreso no reverso dos billetes de dólar, e sería así mesmo adoptado localmente polo recentemente mencionado estado de Florida.

Índice

Estado e lemaEditar

Estado Lema Tradución ao galego Lingua Data
  Alabama Audemus jura nostra defendere Ousamos defender os nosos dereitos Latín 1923
  Alasca North to the future Do norte ao futuro Inglés 1967
  Arizona Ditat Deus Deus enriquece Latín 1863
  Arcansas Regnat populus O pobo manda Latín 1907
  California Eureka Acheino Grego 1849
  Colorado Nil sine numine Nada sen providencia Latín 1861
  Connecticut Qui transtulit sustinet El, que transplantou, sostén Latín 1662
  Delaware Liberty and Independence Liberdade e independencia Inglés 1847
  Distrito de Columbia Justitia Omnibus Xustiza para todos Latín 1871
  Florida In God We Trust En Deus confiamos Inglés 1868
  Xeorxia Wisdom, justice, and moderation Sabedoría, xustiza, e moderación Inglés 1798
  Hawaii Ua mau ke ea o ka ʻāina i ka pono A vida da terra é perpetuada pola xustiza Hawaiano 1843
  Idaho Esto perpetua Que sexa perpetuo Latín 1890
  Illinois State sovereignty, national union Soberanía estatal, unión nacional Inglés 1819
  Indiana The Crossroads of America A encrucillada de América Inglés 1937
  Iowa Our liberties we prize and our rights we will maintain As nosas liberdades apreciamos e os nosos dereitos manteremos Inglés 1847
  Kansas Ad astra per aspera Ás estrelas a través das dificultades Latín 1861
  Kentucky Deo gratiam habeamus Demos grazas a Deus Latín 2002
  Luisiana Union, justice, confidence Unión, xustiza, confianza Inglés 1902
  Maine Dirigo Dirixo Latín 1820
  Maryland Fatti maschii, parole femine Feitos de home, verbas de muller Italiano 1874
  Massachusetts Ense petit placidam sub libertate quietem Pola espada procuramos paz, mais paz só baixo a liberdade Latín 1775
  Michigan Si quaeris peninsulam amoenam circumspice Se buscas unha península agradable, ollaao redor de ti Latín 1835
  Minnesota L'étoile du Nord A estrela do norte Francés 1861
  Mississippi Virtute et armis Virtude e armas Latín 1894
  Missouri Salus populi suprema lex esto Que o ben do pobo sexa a lei suprema Latín 1822
  Montana Oro y plata Ouro e prata Castelán 1865
  Nebraska Equality before the law Igualdade ante a lei Inglés 1867
  Nevada All For Our Country Todo polo noso país Inglés 1866
  Nova Hampshire Live Free or Die Vivir ceibe ou morrer Inglés 1945
  Nova Jersey Liberty and prosperity Liberdade e prosperidade Inglés 1928
  Novo México Crescit eundo Medra a medida que avanza Latín 1887
  Nova York Excelsior Sempre cara arriba Latín 1778
  Carolina do Norte Esse quam videri Ser, máis que semellar Latín 1893
  Dakota do Norte Liberty and union, now and forever, one and inseparable Liberdade e unión, agora e sempre, unha e inseparable Inglés 1889
  Ohio With God, all things are possible Con Deus, tódalas cousas son posibles Inglés 1959
  Oklahoma Labor omnia vincit O traballo todo o vence Latín 1893
  Oregón Alis volat propriis Voas coas súas propias ás Latín 1854
  Pensilvania Virtue, Liberty, and Independence virtude, liberdade, e independencia Inglés 1875
  Rhode Island Hope Esperanza Inglés 1644
  Carolina do Sur Dum spiro spero Mentres respiro, teño esperanza Latín 1777
  Dakota do Sur Under God the people rule Baixo Deus a xente rixe Inglés 1885
  Tennessee Agriculture and commerce Agricultura e comercio Inglés 1802
  Texas Friendship Amizade Inglés 1930
  Utah Industry Industria Inglés 1896
  Vermont Freedom and Unity Liberdade e unidade Inglés 1779
  Virxinia Sic semper tyrannis Así sempre aos tiranos Latín 1776
  Washington Al-ki No futuro Chinook Non oficial
  Virxinia Occidental Montani semper liberi Os montañeiros son sempre ceibes Latín 1863
  Wisconsin Forward Adiante Inglés 1851
  Wyoming Equal Rights Iguais dereitos Inglés 1893

NotasEditar

Véxase taménEditar