Leixaprén (grupo)
Leixaprén foi unha formación musical arousá, con influencias da música celta, new age e música de raigame tradicional galega.[1] O nome do grupo está tomado da figura literaria leixaprén da literatura galego-portuguesa medieval.
Leixaprén | |
---|---|
Orixe | Ría de Arousa, Galiza |
Selo(s) discográfico(s) | Elígeme Discos e Sonifolk |
Membros | Pepe Dopico, Manuel Dopico, Edelmiro Touris, Manuel Dopico, Juan Guillán Barcala, César Longa, Xose Ameneiro |
Na rede | |
Historia
editarLeixaprén estivo activo desde finais dos anos 80 até 1996, e en 2010 reuníronse para conmemorar o 30 aniversario da Asociación Cultural Dorna, primeiros promotores da revista Dorna, da Illa de Arousa.[2]
Membros
editarLeixaprén estivo formado por seis membros de Vilagarcía, Vilanova e a Illa de Arousa, que tamén actuaban como banda de gaitas tradicional.[3] Eran Edelmiro Touris Miro (percusión, guitarra, baixo e mandolina), César Longa (arpa, acordeón e teclados), Xose Ameneiro (gaita e frautas), e os irmáns Dopico: Manuel (gaita e instrumentos de corda) e Pepe Dopico (voz, percusión, frautas, gaitas, clarinete etc.), recoñecido musicólogo[4], profesor[5] e escritor reintegracionista que pasou a escribir os seus apelidos regaleguizados como "do Pico Orjais".[6][7] Juan Guillán Barcala (voz, gaita e percusión), tamén membro do grupo, foi o autor da peza "Pasodoble de Leixaprén" (ás veces escrito "Pasodoble de Leizaprén") tocada por moitas formacións de música tradicional galega.[8][9]
Discografía
editarO grupo gravou dous discos na súa historia:
- Na festa do boi, (Elígeme Discos, 1990)
- Gáitropos, (Sonifolk, 1992), título baseado na lenda do home-gaita, que aparece deseñado por Anxo Varela na portada, xunto á frase Era em tempos do Rei Afonso o Emperador.[10] En 2008 un bar de Silleda empregou o nome do grupo e a portada de Gáitropos, pero cambiando a autoría do debuxo.[11]
Notas
editar- ↑ Lavesedo. "Leixaprén". GZmusica.com - Músicas da Galiza. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "Leixapren.". YouTube. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "Leixaprén nos 90". blogoteca.com. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "Un salvador para o patrimonio musical galego". Voz de Galicia. 2020-11-08. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "CONSERVATORIO de MúSICA TRADICIONAL e FOLQUE de LALíN .:. José Luis do Pico Orjais". folque.com. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "Publicacións". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "Anuário da Lusofonia; Bragança" (PDF). Lusofonias.net; Colóquio. Consultado o 2006.
- ↑ "Banda de gaitas Abertal de A Rúa - Pasodoble de Leixaprén (Luar - TVG)". Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "Un serán a rebentar no auditorio para lembrar a Juan Barcala". Voz de Galicia. 2023-03-31. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ "Danza De Palillos Pasacorredoiras (Música) por Leixaprén - Frogtoon". www.frogtoon.com. Consultado o 2023-05-21.
- ↑ Silleda, Xan Salgueiro / (2009-01-08). "Leixaprén contra Leixaprén". Faro de Vigo. Consultado o 2023-05-21.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Música |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |