Leixaprén
figura estilística da literatura galego-portuguesa medieval
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Leixaprén (homónimos).
O leixaprén (palabra medieval composta de leixa -deixa- e pren -colle-) é un recurso estilístico característico das cantigas de amigo galego-portuguesas (aínda que apareza tamén, moi esporadicamente, nas cantigas de amor).[1] Consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.
Un exemplo pódese ver nesta cantiga de Martín de Xinzo:
- Como vivo coitada, madre, por meu amado,
- ca m'enviou mandado que se vai no ferido:
- e por el vivo coitada!
- Como vivo coitada, madre, por meu amado,
- ca m'enviou mandado que se vai no fossado:
- e por el vivo coitada!
- Ca m'enviou mandado que se vai no ferido,
- eu a Santa Cecilia de coraçón o digo:
- e por el vivo coitada!
- Ca m'enviou mandado que se vai no fossado,
- eu a Santa Cecilia de coraçón o falo:
- e por el vivo coitada!
Como se observa, os versos 2 e 5 (os segundos das dúas primeiras estrofas) repítense como primeiros da 3ª e 4ª estrofas, respectivamente.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para leixaprén.