Konrad Emil Bloch


Konrad Bloch, de nome completo Konrad Emil Bloch nado en Neisse, Silesia, que hoxe é a cidade de Nysa, en Polonia[1] o 21 de xaneiro de 1912 e finado o 15 de outubro de 2000, foi un químico alemán-polaco-estadounidense.

Infotaula de personaKonrad Bloch

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Konrad Emil Bloch Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Nysa, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 2000 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Lexington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Universidade de Múnic
Universidade Técnica de Múnic Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Múnic
Chicago
Nova York
Davos
Cambridge Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímico , químico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Chicago
Universidade do Estado da Flórida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 205131480 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Placa de Konrad Bloch, en Nysa .
 
Konrad Bloch coa súa familia en Estocolmo, 1964

Formación editar

Estudou química na Escola Técnica Superior de Múnic, especializándose en química orgánica.

Migración e docencia editar

De orixe xudía, tras o ascenso ao poder do partido nazi emigrou a Suíza e tras permanecer alí dous anos emigrou aos Estados Unidos onde adquiriu a nacionalidade en 1944. Traballou no Departamento de Bioquímica da Universidade de Columbia onde recibiu o seu doutoramento. Máis tarde pasou a traballar no departamento de Química da Universidade de Cambridge, Massachusetts, e na Universidade de Chicago. Obtivo a cátedra de bioquímica da Universidade de Harvard.

Investigación e recoñecemento editar

Independentemente de Feodor Lynen, quen tamén tiña estudado en Múnic, dedícouse ao estudo do proceso de síntese do colesterol, descubrindo que o ácido acético é o inicio dunha sucesiva cadea de reaccións químicas cuxo produto final é o colesterol. Ambos os investigadores contribuíron ao coñecemento do metabolismo intermediario de graxas e lípidos. Os avances neste campo foron determinantes no estudo das enfermidades circulatorias e no tratamento posterior da arteriosclerose.

Foi un dos últimos investigadores en descubrir o importante papel do colesterol na formación de hormonas sexuais, un descubrimento que abriu o camiño para a biosíntese de esteroides activos.

Recibiu, xunto con Feodor Lynen, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1964.[2]

En 1985, Bloch converteuse en membro da Royal Society. En 1988, recibiu a Medalla Nacional da Ciencia.[3]

Vida persoal editar

Bloch e a súa esposa Lore Teutsch coñecéronse por primeira vez en Múnic. Casaron nos Estados Unidos en 1941. Tiveron dous fillos, Peter Conrad Bloch e Susan Elizabeth Bloch, e dous netos, Benjamin Nieman Bloch e Emilie Bloch Sondel. Viviron durante moitas décadas no enclave Six Moon Hill de Lexington, Massachusetts. Era afeccionado ao esquí, ao tenis e á música.[4] Konrad morreu en Burlington, Massachusetts de insuficiencia cardíaca conxestiva no 2000, aos 88 anos.[5] Lore Bloch morreu en 2010 aos 98 anos.[6][7]

Predecesor:
John Carew Eccles
Alan Lloyd Hodgkin
Andrew Fielding Huxley
 
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1964
Sucesor:
François Jacob
André Lwoff
Jacques Monod

Notas editar

  1. "Biografía de Konrad Bloch". biografiasyvidas.com (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2012. 
  2. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1964". NobelPrize.org. Consultado o 30 de xuño de 2012. 
  3. "The President's National Medal of Science: Recipient Search; National Science Foundation". www.nsf.gov. Consultado o 2022-08-29. 
  4. "Konrad Bloch Biography (1912-)". Arquivo de preguntas frecuentes en Internet. Consultado o 2013-11-14. 
  5. "Konrad-Bloch-Nobel-winner-dies-at -88". Harvard.edu (en inglés). 
  6. obituaries/name/lore-bloch-obituary?pid=139869210 Lore Bloch Obituary - Lexington, Massachusetts. Legacy.com. Consultado o 31-07-2020.
  7. Obituario de Lore Bloch - Lexington , MA | Boston Globe. Legacy.com (21-02-2010). Consultado o 31-07-2020.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar