Jacques Monod
Jacques-Lucien Monod, nado en París o 9 de febreiro de 1910 e finado en Cannes, Francia, o 31 de maio de 1976, foi un biólogo e bioquímico francés do Instituto Pasteur de París, galardoado en 1965 co premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
Jacques Monod | |
---|---|
![]() Jacques Monod | |
Datos persoais | |
Nome completo | Jacques Monod |
Nacemento | 9 de febreiro de 1910 |
Lugar | París, ![]() |
Falecemento | 31 de maio de 1976 (66 anos) |
Lugar | Cannes, ![]() |
Causa | leucemia |
Soterrado | Cannes (Grand Jas) Cemetery |
Nacionalidade | ![]() |
Cónxuxe | Odette Monod-Bruhl |
Fillos | Philippe Monod |
Actividade | |
Campo | Bioloxía, bioloxía molecular |
Alma máter | Universidade de París |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Chance and Necessity e Monod equation |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu o 9 de febreiro de 1910 na cidade de París. Despois de pasar a súa infancia no sur de Francia, o ano 1928 volveu a París para iniciar os seus estudos superiores de ciencias naturais na Sorbona, onde se doutorou o ano 1941.
Jacques Monod foi resistente durante a segunda guerra mundial, como o seu medio irmán Philippe Monod.
Despois de traballar no Instituto Tecnolóxico de California, volveu a París e ingresou no Instituto Pasteur, onde realizou a maior parte da súa obra científica. Alí creou o departamento de bioquímica, e foi director do Instituto entre 1971 e 1976.
Así mesmo o ano 1954 foi nomeado profesor de química na Sorbona.
Pioneiro da xenética molecular, foi galardoado en 1965, xunto con André Michel Lwoff e François Jacob, co Premio Nobel en Medicina ou Fisioloxía polos seus descubrimentos relativos ao control xenético dos enzimas e á síntese dos virus.
Foi autor, entre outros libros, dun best-séller no campo da divulgación científica: O azar e a necesidade (1970).
Monod, xunto con Jacob, descubriu o sistema operón lac, o cal controla a expresión de variados xenes en bacterias. Este sistema brindou o primeiro exemplo dun mecanismo de regulación transcricional. Tamén suxeriu a existencia de moléculas de ARN mensaxeiro, que codifican a información codificada no ADN e as proteínas.
Monod e os seus colaboradores experimentaron cunha bacteria común, Escherichia coli, pero o concepto básico descuberto é aplicábel para todos os organismos vivos. Despois, a comunidade científica descubriría moitos outros operóns.
A idea clave é que E. coli non gasta enerxía fabricando enzimas se non ten a necesidade de metabolizar a lactosa, dado que outros azucres como a glicosa están presentes. Este concepto denomínase regulación xenética negativa.
Foi condecorado coa Cruz de Guerra polos seus servizos na Resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial, na que estivo prisioneiro no campo de concentración de Miranda de Ebro.
Outros recoñecementosEditar
Na súa honra denominouse Monod a un asteroide descuberto o 24 de marzo de 1999 polo astrónomo Matteo M. M. Santangelo.
Algunhas publicaciónsEditar
- Le hasard et la nécessité, éssai sur la philosophie naturelle de la biologie moderne, París, Le Seuil, 1970.
Predecesor: Konrad Bloch Feodor Lynen |
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina con François Jacob e André Lwoff 1965 |
Sucesor: Peyton Rous Charles Brenton Huggins |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacques Monod |