Julio Ruiz de Alda
Julio Ruiz de Alda Miqueleiz, nado en Estella (Navarra) o 7 de outubro de 1897[1] e finado en Madrid o 23 de agosto de 1936, foi un militar e aviador español, considerado un pioneiro da aviación, que acadou unha gran popularidade —xunto ao comandante Ramón Franco— co voo do Plus Ultra en 1926.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1897 Lizarra, España |
Morte | 23 de agosto de 1936 (38 anos) Madrid, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | aviador militar, observador aéreo (pt) , autor |
Partido político | Falange Española Falange Española |
Carreira militar | |
Lealdade | Restauración borbónica en España |
Rama militar | Aeronáutica Militar Española (en) |
Conflito | Guerra do Rif |
Familia | |
Cónxuxe | Amelia Azarola Echeverría |
Fillos | Juan Antonio Ruiz de Alda Azarola |
Nos anos da Segunda República foi cofundador de Falanxe Española[2] e morreu asasinado na matanza do Cárcere Modelo de Madrid, ao mes de iniciada a guerra civil española.
Traxectoria
editarFillo de Silvio Ruiz de Alda e Francisca Miqueleiz, foi o maior dos seus irmáns e naceu na localidade navarra de Estella o 7 de outubro de 1897, na rúa de Zapatería, número 1, nunha casa que coa súa monumental escalinata, as súas reixas labradas e o brasón da súa fachada, conserva aínda o carácter de palacio o dezaoito que tiña dende a súa orixe.
Con quince anos ingresou na Academia preparatoria Militar Iriarte. Tras supera-lo exame de ingreso na Academia de Artillaría de Segovia, ingresou o 1 de setembro de 1913, co número 1 da súa promoción.
Carreira militar
editarLicenciouse da Academia de Artillaría de Segovia co rango de tenente.[3] Inicialmente foi destinado ao Rexemento de Montaña con base en Vitoria e pouco despois será destinado ao Rexemento Mixto con base en Tetuán, por mor da Guerra de África. Destinado a Ceuta, foi chamado en marzo de 1922 ao aeródromo de Cuatro Vientos para segui-lo curso de observador aéreo. A partir daquel momento uniríase á nacente Aviación militar española.[3] En setembro, ascendido a capitán, trasládase a Marrocos como observador en prácticas, terminando o ano na base de Mar Chica.
O 27 de xaneiro de 1923 obtén o título de observador de aeroplano e pasa ao aeródromo de Tetuán, de cuxos talleres se fai cargo en xuño. Durante as campañas militares de Marrocos, tivo unha destacada actuación.[3]
En 1925, foi o primeiro observador que se ofreceu a Ramón Franco para acompañalo no seu voo a Arxentina, trala baixa do capitán Mariano Barberán. Pouco tempo despois realiza a gran fazaña de cruzar o océano Atlántico sur no hidroavión Plus Ultra, con Ramón Franco, Juan Manual Durán González e o mecánico Pablo Rada, nun traxecto de máis de 10.000 km entre Palos de la Frontera (Huelva) e Bos Aires.O avión, un Dornier Wall, ao ter moi pouca autonomía, obrigounos a facer moitas escalas que incrementou a relevancia do percorrido.[4] Por esta fazaña, recibiu a Medalla ao Mérito Aéreo e foi nomeado xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII e membro do Consello Superior de Aviación. A viaxe do «Plus ultra» deu a Ruiz de Alda unha gran fama entre a poboación.[5]
Crese que obtivo o título de piloto pola Escola aérea de Xetafe. É neste momento, cando crea a Compañía Española de Traballos Fotogramétricos Aéreos (CETFA), pero este proxecto vese interrompido polo novo conflito no Protectorado de Marrocos.
Foi ascendido a xefe de grupo, e nomeado presidente da sección española da Federación Aeronáutica Internacional.[2] Asiste como relator e vicepresidente, ao congreso internacional de aviadores transatlánticos, celebrado en Roma, onde recibe de mans de Benito Mussolini a encomenda de San Gregorio o Magno.
Tentou unha nova fazaña, cando empezou a preparar a volta ao mundo, outra vez xunto a Ramón Franco, a bordo dun Dornier 16, pero fracasou en xuño de 1928. E tamén tomou parte, en 1929, noutro intento de voo transatlántico (Madrid-Nova York-Madrid), pero resultou nun novo fracaso.[4]
Actividade política
editarTrala proclamación da Segunda República, viuse cada vez máis atraído polos movementos de extrema dereita e a ideoloxía fascista. Xunto a José Antonio Primo de Rivera e Rafael Sánchez Mazas, fundou o pequeno Movemento Español Sindicalista (MES),[6] de escasa entidade. Posteriormente, en 1933, Ruiz de Alda foi un dos fundadores do movemento fascista Falanxe Española (FE) xunto a Primo de Rivera, Sánchez Mazas e Alfonso García Valdecasas.[6][7] De feito, foi un dos tres oradores —xunto a Primo de Rivera e Valdecasas— no mitin fundacional de Falanxe o 29 de outubro de 1933 no teatro da Comedia.[8]
Mantivo unha firme amizade co doutor Juan Negrín por mediación da súa esposa Amelia, discípula e admiradora do científico e entón deputado socialista canario. José Antonio Primo de Rivera tentou atraerse politicamente a Negrín por mediación de Ruiz de Alda pero as súas peticións sempre foron rexeitadas.[9]
Tamén estivo moi relacionado co teórico fascista Ramiro Ledesma, o que levaría á unión entre Falanxe e as Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS). Tras esta unión Ruiz de Alda formou parte do triunvirato que inicialmente liderou o partido.[10] Nas eleccións de 1936, foi candidato a Cortes republicanas pola circunscrición de Santander,[11][12] aínda que non obtivo acta de deputado. De feito, Ruiz de Alda obtivo na provincia santanderina uns resultados electorais puramente simbólicos que non chegaron aos 4.000 votos.[13]
O 14 de marzo de 1936, Ruiz de Alda foi detido no seu despacho no marco da operación policial que desmantelou a cúpula de Falanxe e con posterioridade foi recluído no Cárcere Modelo de Madrid.[10][14]
Asasinato
editarO 22 de agosto de 1936 a prisión foi invadida por milicianos anarquistas, que se fixeron co control da mesma e decidiron a execución de varios presos significados. Ruiz de Alda formou parte do grupo de 28-30 persoas que foron seleccionadas polos milicianos e fusiladas nos patios do cárcere,[15][16] durante a coñecida como matanza do Cárcere Modelo. Días antes de ser asasinado, Ruiz de Alda rexeitara unha oferta de traballar para a República que lle fixo chegar a súa esposa, Amelia Azarola —sobriña do almirante Antonio Azarola, quen poucos días antes fora fusilado polos sublevados en Ferrol—.[10]
Recoñecementos
editarDurante o franquismo, a Escola Superior de Educación Física Feminina, que funcionou entre 1956 e 1977, recibiu o seu nome con carácter honorífico.[17][18] Así mesmo, durante o período franquista numerosas rúas e prazas de diversas cidades españolas foron renomeadas na súa honra.
En San Javier (Murcia) hai un instituto de educación secundaria chamado IES Ruiz de Alda[19] en honra a este piloto de aviación. Ademais, na mesma zona, hai unha antiga colonia militar pertencente a Santiago de la Ribera chamada Colonia Julio Ruiz de Alda, máis coñecida como Cidade do Aire.
Obras
editar- Franco, Ramón; Ruiz de Alda, Julio (1926). De Palos al Plata. Madrid: Espasa-Calpe[20]
- Ruiz de Alda, Julio (1935). Una política militar: Gibraltar, clave de España. Madrid:Editorial Ibérica
Notas
editar- ↑ Arazuri (1980), p. 43
- ↑ 2,0 2,1 Payne (1999), p. 83
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Romero Salvadó (2013), p. 290
- ↑ 4,0 4,1 "RUIZ DE ALDA MIQUELEIZ, JULIO". Gran Enciclopedia de Navarra (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21-01-2021. Consultado o 21-10-2019.
- ↑ Romero Salvadó (2013), pp. 290-291
- ↑ 6,0 6,1 Casanova (2010), p. 80
- ↑ Payne (1989), p. 38
- ↑ Gibson (1980), p. 70
- ↑ Ansó (1976), p. 100
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Romero Salvadó (2013), p. 291
- ↑ Payne (1989), p. 92
- ↑ Sanz Hoya (2006), pp. 237-243
- ↑ Sanz Hoya (2006), pp. 240-242
- ↑ Casanova (2010), p. 134
- ↑ Thomas (1976), pp. 437-438
- ↑ Casanova (2010), p. 171
- ↑ Carbajosa Menéndez (1999), p. 30
- ↑ Rivadeneyra (2017), pp. 85-87
- ↑ "IES RUIZ de ALDA". iesruizdealda (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2020.
- ↑ Álvarez Rey (2010), p. 108
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julio Ruiz de Alda |
Bibliografía
editarEn castelán
editar- Álvarez Rey, Leandro (2010). Los diputados por Andalucía de la II República (1931-1939). Sevilla: Centro de Estudios Andaluces. ISBN 978-84-937855-0-5.
- Ansó, Mariano (1976). Yo fui ministro de Negrín. Memorias ineludibles. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-5621-9.
- Arazuri, José Joaquín (1980). Pamplona, calles y barrios. 3 vols. Pamplona: José Joaquín Arazuri Díez Ed. ISBN 978-84-300-1878-9.
- Carbajosa Menéndez, Concepción (1999). Las profesoras de educación física en España: historia de su formación (1938-1977). Oviedo: Universidad de Oviedo. ISBN 84-8317-170-8.
- Gibson, Ian (1980). En busca de José Antonio. Barcelona: Planeta. ISBN 9788432056567.
- Rivadeneyra, María Luisa (2017 [2002]). Deporte, Mercado laboral y formación inicial en España. Sevilla: Wanceulen Editorial Deportiva. ISBN 9788495883926.
- Sanz Hoya, Julio (2006). De la resistencia a la reacción: las derechas frente a la Segunda República (Cantabria, 1931-1936). Santander: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria. ISBN 84-8102-420-1.
- Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Española. Barcelona: Círculo de Lectores.
En inglés
editar- Casanova, Julián (2010 [2007]). The Spanish Republic and Civil War. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0521737807.
- Payne, Stanley G. (1989 [1ª ed. 1961]). Falange: A History of Spanish Fascism. Stanford: Stanford University Press. ASIN B000GSPTD4.
- Payne, Stanley G. (1999). Fascism in Spain, 1923–1977. Madison: University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-16564-7.
- Romero Salvadó, Francisco J. (2013). Historical Dictionary of the Spanish Civil War. Lanham, MD: The Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-5784-1.