Lizarra

concello de Navarra

Lizarra[1] (en galego medieval: Estela[2], en éuscaro: Lizarra, en castelán: Estella, oficialmente Estella-Lizarra), é unha cidade e municipio da zona media da Comunidade Foral de Navarra, en España. É a capital do meiriñado de Estella e da comarca de Tierra Estella ou Lizarrerria, situada a metade de camiño entre as cidades capitais de Pamplona e de Logroño, na Rioxa, nunha zona de unión entre a Montaña e a Ribera Alta de Navarra.

Modelo:Xeografía políticaLizarra
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°40′14″N 2°01′50″O / 42.6705, -2.03064
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalEstella-Lizarra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación14.195 (2023) Editar o valor en Wikidata (946,33 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie15 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude421 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónAndré Apóstolo Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataRosa López Garnica (en) Traducir (1987–1991)
María José Bozal (en) Traducir (1999–2003)
María José Fernández Aguerri (2003–2007)
Begoña Ganuza Bernaola (2003–2007) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31200 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE31097 Editar o valor en Wikidata

Páxina webestella-lizarra.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452162

Etimoloxía

editar

O seu nome oficial é Estella-Lizarra. Antigamente o poboado recibía o nome de Lizarra, ata a creación da cidade en 1076. Na colección diplomática de Irache son frecuentes en documentos do século XI as referencias a este poboado denominado, segundo os casos, Leizarrara, Lizarrara, Liçarrara, Lizarara, Liçarra e Lizarra. O topónimo, inequivocamente en lingua vasca, nalgunhas ocasións interpretouse como ilizar, "cidade antiga", e tamén como elizar, "igrexa antiga"; con todo parece ter maior solvencia a etimoloxía lizar, "freixo" en éuscaro, relacionada coa posible abundancia desta árbore na paraxe.

Outra das posibles orixes do nome, relacionado tamén coa propia fundación da cidade polo Rei de Navarra Sancho Ramírez, como punto de atención ao peregrino ao seu paso polo camiño de Santiago navarro, é o latín stella (estrela). Hai varias referencias á denominación L'izarra, traída por habitantes de orixe franca, e que poden dar orixe a este nome. De feito, a presenza dunha estrela de oito puntas nos monumentos da cidade remóntase ao seu estadio fundacional, punto que parece testemuñar esta etimoloxía. A estrela permaneceu ata a actualidade como símbolo distintivo da cidade

Xeografía

editar

Situada a 421 metros de altitude, rodeada por montañas: Montejurra, Peñaguda, Cruz de los Castillos, Monte de Santa Bárbara e Belástegui e tan oculta entre elas para quen se achega que, segundo o devandito, "non se ve Estella ata chegar a ela". Este cerco de montañas que a rodea suaviza o seu clima, abrigándoa do vento.

 
Río Ega ao seu paso por Lizarra.

Cruzada polo río Ega, afluente do río Ebro, aséntase nun gran meandro do mesmo, que proporciona auga para as leiras e zonas axardinadas, entre as que destaca o chamado paseo de "Os Chairos".

Dispón de boas comunicacións por estrada con:

Localidades limítrofes

editar

Estella limita cos seguintes termos municipais: ao oeste con Aiegi e Allín; ao norte con Allín, a facería 21 de Navarra e o Val de Yerri; ao leste co Val de Yerri e Villatuerta; e ao sur con Aberin.

Demografía

editar
1897 1900 1930 1940 1950 1960 1970 1975 1981 1991 1998 2000 2002 2004 2006
5.114 5.766 6.355 6.568 7.296 8.209 10.200 11.267 12.230 12.741 12.535 12.683 13.150 13.439 13.892

Monumentos

editar
 
Pazo dos Reis de Navarra.
  • Igrexa de San Pedro da Rúa.
  • Igrexa de San Miguel.
  • Igrexa do Santo Sepulcro.
  • Basílica de Nosa Señora do Puy.
  • Convento de Santa Clara.
  • Igrexa parroquial de San Xoán.
  • Castelo de Zalatambor.
  • Pazo dos Reis de Navarra.
  • Pazo de Xustiza.
  1. Ver entrada «Serrano Rodríguez, Marco Antonio». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1921. ISBN 9788482893600. 
  2. José Joaquim Nunes, ed. (1928). Cantigas d'amigo dos trovadores galego-portugueses III. Imprensa da Universidade (Coimbra). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar